Nota de Prensa
ROLDA DE PRENSA DO PP DE BURELA
O GMPP: “os presupostos da Xunta para 2011 para o Hospital, millores cós da Xunta bipartita”.
Os populares afirman: “o único investimento que fixo o bipartito no Hospital foi a marquesina da resonancia itinerante”.
O GMPP considera que o alcalde de Burela minteu cando afirmou que a Xunta bipartita investiría sete millóns de euros no Hospital.
O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela asegurou hoxe en rolda de prensa que os presupostos da Xunta para 2011 no que se refire ó Hospital son sobradamente millores cós da Xunta bipartita no seu conxunto, porque o bipartito non foi capaz de executar nin un só euro do que presupostaron, e a única obra que fixeron foi a marquesina da resonancia móvil, o que demostra a incapacidade dos socialistas e dos nacionalistas e a súa capacidade de engano ós cidadáns.
Os populares lembran que a propia Xunta bipartita recoñecía en marzo de 2008 que o grao de execución presupostaria a 31 de decembro de 2007 “tiña unha execución orzamentaria do 0%”. Abundando no tema, afirman que tampouco foron capaces de executar nin un só euro do millón de euros que tiñan presupostado para 2008. A conclusión é ben sinxela, non foron capaces de facer nada, e tén que ser o PP quen acometa a realización das obras de xinecoloxía, da rampa, da sala de espera para a resonancia, e do cambio do teito do hospital. Nin tan siquera fixeron o tan cacareado plan director: deixaron un plan funcional de, exactamente, dúas follas. O que non foi capaz de facer a Xunta bipartita, vaino facer a Xunta de Núñez Feijoo.
Desde o GMPP tamén aseguran que o alcalde de Burela non se entera absolutamente de nada: se falara coa dirección do Hospital, sabería que desde o propio centro se enviou unha memoria para realizar unha serie de actuacións no hospital, que son o paso inicial da ampliación. Esas obras consisten na ampliación dos servicios xerais: ampliación do laboratório, ampliación de urxencias, ampliación de radioloxía. Pero como este home non fala con ninguén, así lle vai. Segue dando a murga co desmantelamento do hospital, algo que só está na súa imaxinación, porque nin el mesmo cré o que está a decir. E compre lembrar que foi o alcalde quen dixo, nun pleno do concello de Burela, que nos presupostos da Xunta para dous mil oito habería sete millóns de euros para o Hospital, o que demostra hasta onde é capaz de mentir este cabaleiro.
Por certo, hai que lembrarlle que era a Xunta bipartita quen queria desmantelar o hospital, facéndonos ir a Ferrol. Nos anos de convivencia dos bipartitos na Xunta e no concello, nunca, absolutamente nunca, vimos ó alcalde de Burela pedirlle nada ós seus compañeiros de partido o que demostra que minte cando fala da súa preocupación polo hospital. Ainda non foi capaz de falar nin unha soa vez co director do Hospital.
No que se refire ó acceso ó porto, o alcalde volve de novo a mentir e enganar ós cidadáns. El mesmo dixo que a obra ía estar feita en setembro de dous mil oito; despois falou de principios de dous mil nove, e agora o único que di son bobadas. A Xunta bipartita non foi capaz a executar nada, poñía os cartos nos papeles pero non os gastaban. Agora, os presupostos da Xunta de Núñez Feijoo son a garantia de que o acceso ó porto se vai facer, e non será pola xestión do alcalde de Burela, que non fai nada de nada.
Finalmente, botamos em falla que o alcalde de Burela non aplique coa Deputación e co Goberno de Zapatero esa forza que usa contra a Xunta: para cando os arreglos na travesía municipal na zona de O Perdouro? Para cando o corredor Barreiros-San Cibrao, ou cando menos o seu trazado? Que di o alcalde de Burela deste dous temas? Nada.


















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



