Nota de Prensa
O GMPP burelés acusa ó alcalde de apropiarse da institución municipal.
Os populares afirman que ninguén do bipartito os avisou da recepción ó equipo feminino de fútbol-sala.
Consideran “de mala educación e falla de respecto” que non se lles avisase.
O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela afirmou que ningún dos seus membros asistiu onte xoves á recepción oficial do equipo feminino do Burela Fútbol-Sala pola consecución da Copa Galicia porque “nin o alcalde nin ninguén do bipartito nin nos invitou nin tan siquera nos avisou polos cauces ordinarios. O acto foi organizado polo bipartito e polo tanto o clube non tén ningunha responsabilidade ó respecto”.
Os populares, que lembran que no seu día, a través do seu portavoz José María González Barcia, xa lle transmitiron ó clube e xogadoras as súas felicitacións pola consecución da Copa Galicia, consideran que o alcalde e o bipartito burelés fixeron onte un xesto que denota a forma de ser destas persoas: a súa intolerancia lévaos a querer acaparar a institución municipal como propia, e nun acto de verdadeira mala educación e falla de respecto ás mais mínimas normas de convivencia política institucional pasaron de avisarnos. Xa adiantamos que non nos serve que poidan decir que viña a noticia na prensa: para outras cousas mandan invitacións ou chaman por teléfono.
A conclusión, para os populares, é clara: queren monopolizar o concello e apropiarse da institución, pretendendo trasladar a idea de que o concello é o bipartito. Esquecen que o PP é o grupo maioritario na corporación, gañou as eleccións municipais, e que PSOE e BNG perderon esas eleccións: os bipartitos son o desgoberno dos perdedores, e o burelés non é unha excepción. Agardamos que esto non volva a ocurrir.
O GMPP quere transmitirlle publicamente ás xogadoras do Burela Fútbol-Sala feminino, corpo técnico, directiva e afición a súa sincera felicitación, e comunicarlle que o GMPP está disposto a axudar no que sexa preciso á potenciación deporte en xeral e de fútbol-sala en particular, como xa o tén demostrado.


















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



