Nota de prensa
NOVA EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA EN XOVE
Despois de “Xove 360º”, o noso Concello acolle unha nova exposición fotográfica, neste caso organizada e patrocinada pola Asociación Fotográfica “Os Negativos” de Viveiro, un grupo de afeccionados á fotografía. A Concellería de Cultura do Concello de Xove colabora con esta exposición prestando o marco do Centro Cívico, lugar onde xa están expostas as 47 fotografías que a conforman.
Trátase dunha exposición innovadora, xa que non vai no interior dunha sala, senón que se mostran os distintos traballos no exterior, ao aire libre; deste xeito, as fotografías, impresas en lona, para o cal se contou coa colaboración da empresa Informática Futures, están colgadas en varias das balaustradas/pasarelas do Centro Cívico, a maioría delas na Propia Praza do Centro Cívico e outras no exterior da Casa de Cultura.
Os autores da exposición son: Antonio Vázquez, Antonio Ben, Juan Ocaña, Juan Antonio Fernández, José M. Moreno, Paco López, Alberto García e Ana Isabel Codesal. Cada un dos autores realizou realizou 6 obras, menos Alberto García que é autor de 5, dahí as 47 fotografías.
Segundo os autores da exposición, os membros da Asociación Os Negativos, este proxecto enmárcase nunha serie de actuacións para difusión da fotografía en espacios alternativos.
A obra exposta non ten un tema nin un fío conductor único; trátase de traballos moi variados: paisaxes, viaxes, composións, etc. . As obras, como xa dixemos, están editadas en lona, cun tamaño de 1 x 0´8 metros, o cal permite que poidan ser contempladas con comodidade polo público.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



