Nota de prensa
Aboi critica o desmantelamento do ensino secundario na Mariña
Galiza Nova recolleu na mariña 1500 sinaturas en defensa do noitebús.
A Secretaria Xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, mantivo o pasado sábado unha xuntanza coa Dirección Comarcal desta organización na Comarca da Mariña onde analizaron as liñas de traballo da mesma, facendo especial fincapé na loita que o colectivo está a levar adiante porque na Mariña continúe a prestarse o servizo de noitebús. Segundo Aboi “A Mariña é unha das comarcas galegas onde a supresión deste servizo ten un maior impacto no conxunto de Galiza, de xeito moi particular en todas aquelas Concellos da mesma da área interior, como así o demostran o número de usuarios do servizo ou mesmamente o número de persoas que segue a utilizar outros transportes públicos, como o FEVE, para os seus desprazamentos nocturnos. Non nos vale que en nome de non se sabe que austeridade se suprima o noitebús, pero que con diñeiro público se financien outro tipo de actividades. Polo que se ve Feijoo prefire o papamobil que o noitebús, ou o que é o mesmo pouco lle preocupa ao presidente dos galegos a nosa mocidade”.
Na mesma liña a Secretaria Xeral de Galiza Nova afirmou “que a realidade é teimuda e por moito que os representantes do PP se empeñen en negar que non existe demanda por parte da mocidade para este servizo, a resposta que está ter entre os mozos e mozas da Mariña esta reivindicación pódese ver ben no importante número de mariñaos que asinaron a prol do mantemento do mesmo que en menos de dúas semanas se achegan xa ás 1500 sinaturas”. “Non é casual” lembrou Aboi ” que a meirande parte das sinaturas se corresponden con mozos e mozas de ensino secundario se ben a participación doutras fraccións de idade no apoio ao noitebús tamén é importante”. Así é todo desde a organización nacionalista agardase que na Mariña o numero de sinaturas a prol deste servizo se sitúe arredor das 3000.
A Secretaria Xeral de Galiza Nova e a Dirección Comarcal da asociación xuvenil na Mariña tamén analizaron o ataque do que está a ser vítima o ensino secundario na Comarca do que é un bo exemplo a supresión de ciclos formativos na zona e a eliminación do bacharelato nocturno presencial na case totalidade dos centros da zona agás en Viveiro. Aboi criticou que “o PP está empeñado na concentración dos servizos educativos nas cidades, volvendo a dividir os galegos entre cidadáns de primeira ou de segunda en función do seu lugar de residencia. A supresión de ciclos e do bacharelato nocturno vai expulsar do sistema educativo a moitos mozos posto que alonxar os servizos do seu lugar de residencia vailles impedir continuar cos seus estudos. Mesmamente esta medida vai afectar non só ao estudantado senón ás propias localidades xa que perden servizos e tamén aos negocios e ao comercio”.Aboi indicou que “Galiza Nova vai continuar a dar esta batalla, e non só para evitar que continúe o desmantelamento do ensino público senón tamén para rescatar os servizos que veñen de perderse”.
Xa por último Galiza Nova analizou o escandaloso dos dados de desemprego xuvenil na Comarca, que a pesar da natureza deomográfica da mesma cunha poboación avellentada, se sitúa por riba do 40% o que está a provocar un recrudecemento do fenómeno migratorio. Neste sentido Aboi indicou ” que é hora de que a Xunta de Galiza deixe de ser un espectador ou unha maquina de destruír emprego e poña enriba da mesa solucións que permitan que a mocidade da mariña poida vivir e traballar na súa terra”.



















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



