Nota de prensa
O XULGADO DE INSTRUCCIÓN DE VIVEIRO PROSIGUE A INVESTIGACIÓN SOBRE UN POSÍBEL DELITO CONTRA O PATRIMONIO NA DESTRUCIÓN PARCIAL DO CASTRO DA ATALAIA
O BNG lembra que o goberno local tiña perfecto coñecemento da existencia dese xacemento dende xullo de 2004
Alfonso Villares chegou a presentar un recurso contra o seu inventariado
Cervo, 9 de novembro de 2010. O xulgado de Instrución nº 1 de Viveiro prosigue a investigación por un posíbel delito contra o patrimonio en relación á denuncia presentada pola Fiscalía de Medio Ambiente pola destrución parcial do Castro da Atalaia. O BNG prestará toda a súa colaboración no caso de que o xulgado chame a declarar. Os nacionalistas lembran que o goberno local coñecía antes da concesión das licenzas de construción de tres edificios na atalaia a existencia de restos arqueolóxicos na zona e posteriormente entre o 4 e o 8 de xuño de 2007 permitiu e colaborou por omisión do seu deber na destrución parcial do xacemento.
A Fiscalía de Medio Ambiente retoma a investigación por destrución do patrimonio cultural no Castro da Atalaia.
O Xulgado de Instrución solicitou ao concello de Cervo a composición da corporación local dende o ano 2005 en diante no procedemento de instrución dun posíbel delito contra o patrimonio cultural polo que os nacionalistas celebraron a actitude da Fiscalía e avanzaron toda a súa colaboración para clarexar o que para eles e un feito incontestábel, “a actuación do goberno local en relación a ese xacemento axudou á súa destrución parcial e puxo trabas á súa protección”. O portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, lembrou o incumprimento do goberno local dunha orde da Delegación Provincial de Cultura entre os días 4 e 8 de xuño de 2007 que esixía a parálise das obras de cimentación efectuadas polo promotor que provocaron o baleirado arqueolóxico da zona e o traslado dos restos a depósitos de escombro de Morás, baixando por unha rúa con dirección prohibida e superando a tara máxima permitida, “sen que o goberno local fixera nada por impedilo”.
Coñecemento da existencia do xacemento antes de conceder as licenzas de construción e recurso contra o seu inventariado.
O feito de que o pleno ordinario de 29 de xullo de 2004 tomase acordo da “toma en consideración do Avance do PXOM e a súa exposición pública”, onde se recolle “a recomendación de preservar terreos na atalaia pola existencia de restos arqueolóxicos”, non deixa lugar a dúbidas sobre o necesario coñecemento do goberno local da existencia dun xacemento arqueolóxico na zona, a pesar do cal, non tiveron inconvinte en conceder licenzas de construción para 42, 32 e 26 vivendas 28 de novembro de 2006, 1 de decembro do mesmo ano e 18 de abril de 2007, “sen ter a prudencia de informar previamente ao departamento correspondente en materia de protección do Patrimonio da Xunta de Galiza.”, “o goberno local tiña mais preocupación por garantir a construción destes edificios que por conservar un ben cultural que deixará importantes beneficios ao concello unha vez recuperado”, proba disto e a presentación o 26 de xuño de 2007 dun recurso contra a inclusión do xacemento da Atalaia no inventario de bens arqueolóxicos da Dirección Xeral de Patrimonio por resolución de 19 de abril de 2007.




















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



