Nota de prensa
O ALCALDE ENGANA AOS VECIÑOS DE SAN ACISCLO XA QUE FOI A XUNTA BIPARTITA QUEN BLOQUEOU O SANEAMENTO DESTA PARROQUIA
· Os populares descubriron que Augas de Galicia supervisou en outubro do ano 2008 este proxecto de obra e desde esa data paralizou o expediente.
Foz, 15 novembro de 2010.- O grupo Municipal do Partido Popular de Foz por medio do seu portavoz Pedro Fernández Manín, ven de saír ao poso das declaracións aparecidas nalgúns medios de comunicación feitas polo alcalde de Foz José María García Rivera na xuntanza que mantivo con algúns veciños de San Acisclo aos que incitaba a manifestarse en contra da actual Xunta de Galicia por non ter feito a 2ª fase do saneamento desta parroquia, declaracións que foron ratificadas pola alcaldesa en funcións Rosa Alonso o día 13 do presente mes. Manín cree que o alcalde e o seu goberno pretenden enganar aos veciños de San Acisclo, xa que foi a Xunta bipartita e, polo tanto o Goberno autonómico de PSOE e BNG, o que bloqueou a segunda fase das obras de saneamento previstas para esta parroquia.
Fernández Manín explicou que o ente público Augas de Galicia supervisou en outubro do ano 2008 este proxecto de obra e desde esa data paralizou o expediente, sen executar nin impulsar ningún tipo de actuación sobre esta obra, polo que o Sr. Rivera minte cando di aos veciños que a obra fora aprobada e presupostada polo bipartito(PSOE-BNG) . “Desde outubro de 2008 polo tanto, podería ter comezada esta obra, cousa que non fixo o bipartito, é dicir, non había un compromiso para a súa execución.
Unha vez máis o rexedor municipal e o seu equipo quedan deslexitimados pola pasividade e falta de interese que no seu momento caracterizaba á Xunta bipartita respecto dos proxectos que esta debera executar en Foz. E unha vez máis demóstrase que como antes e agora, García Rivera é incapaz de acadar ningún compromiso diante doutras administracións. “O alcalde e seu equipo só saben vender fume, xogar ao enfrontamento institucional e, para ocultar os seus fracasos, prefire mentir aos veciños e poñelos detrais dunha pancarta antes que recoñecer os seus erros”.
O proxecto do saneamento de San Acisclo, segunda fase, segundo o documento redactado pola empresa Eptísa en xuño de 2008, tiña un costo de 327.517 euros e contaba co visto e prace do Pleno municipal, que acordou solicitar esta obra, pero unha vez supervisado polos responsables de Augas de Galicia durante o Goberno autonómico do bipartito ( PSOE-BNG), a tramitación do expediente foi bloqueada, polo que agora ten que iniciarse desde cero de levarse adiante.
Pola contra, a diferenza do acontecido na pasada lexislatura, o Goberno Feijoó aposta polo desenvolvemento de obras hidráulicas en Foz. Este compromiso ten o seu reflexo nos orzamentos da Xunta para 2011 xa que contemplan un investimento expreso, superior aos 1,8 millóns de euros, para a reforma integral de rede de abastecemento de Foz, obra que quedara no queixón sen publicar, sen adxudicar e sen presupostar. Unha actuación, considerada prioritaria dentro das que ten que executar a actual administración autonómica, e que foi licitada o 24/02/2010 e adxudicada posteriormente o 19/05/2010 segundo reza nos correspondentes diarios oficiais.

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



