Nota de prensa:
Barreiro: “Estou convencido de que o vindeiro mes de maio faremos pleno: sete de sete”
• O líder dos populares lucenses amosouse convencido de que os mariñáns “queren un cambio nos concellos nos que aínda non goberna o PP” porque decatáronse de que o Goberno da Xunta, “o estilo Feijoo”, é unha “garantía para seguir avanzando”
Ribadeo, a 20 de novembro de 2010.- O presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro fixo hoxe público, durante un encontro desenvolvido en Ribadeo con afiliados e simpatizantes e no que participou, entre outros cargos orgánicos do partido, o secretario xeral do PPdeG Alfonso Rueda, a proposta da dirección provincial sobre os cabeza de lista ás vindeiras eleccións municipais nos concellos mariñáns de Ribadeo, Foz, Lourenzá, Barreiros, Trabada, A Pontenova e Riotorto.
O líder do PPdeLugo asegurou durante a súa intervención que é “un feito constatado” que A Mariña gañou co cambio de goberno en Galicia. “A Xunta apostou por esta comarca pese ós axustes orzamentarios ós que obriga a crise e a incompetencia en materia económica da que está a facer ostentación, que xa non gala, o Goberno central”, explicou.
“Con respecto a este ano, a Xunta incrementou un 50 por cento os investimentos adicados á execución de obras e dotación de servizos. O Goberno de Zapatero rebaixounos máis dun 40 por cento. O goberno que preside Feijoo acabou coa agravio contra esta comarca que exerceu antes o bipartito e que continúa agora o Estado”, enfatizou.
Por este motivo e por outro igual de importante, segundo dixo, como é o feito de que o actual goberno da Xunta “amosou a súa vontade clara de buscar consensos e non crear conflictos”, manifestouse convencido de que “os veciños da Mariña teñen gañas dun cambio naqueles concellos nos que aínda non goberna o Partido Popular. Non queren Zapateros nas alcaldías”.
“Agora pódese comparar. E entre o estilo Feijoo e o estilo Zapatero, a opción está clara”, reiterou Barreiro, quen tamén se referiu a que os bipartitos saen moi caros: “eiquí sabédelo ben porque tedes exemplos nos que esas coalicións de goberno están máis preocupadas por asegurarse a súa propia subsistencia económica que en mellorar as condicións de vida dos veciños ós que representan”.
Da vocación que rixe a actuación da Xunta de buscar consensos e de converter en feitos os compromisos “sodes vos testigos”, asegurou Barreiro: “aí está o acordo acadado entre Portos de Galicia e Ence para garantir a continuidade do uso comercial do porto de Mirasol é, polo tanto, asegurar o mantemento desta importante actividade económica”. “Onde uns só atopaban problemas; outros encontraron solucións”, apuntillou.
“En definitiva”, asegurou o líder dos populares lucenses, “os cidadáns detectan que o goberno que lidera Feijoo ofrece garantías e a oportunidade para seguir avanzando” polo que dixo estar convencido de que o vindeiro mes de maio “faremos un pleno e que os sete candidatos que presentamos hoxe serán alcaldes”.
Ribadeo
Manuel A. Valín Valdés
Naceu o 22 de xunio de 1961. Está casado.
É licenciado en Xeografía e Historia. Dende 2001 é o xerente da Fundación para o desenvolvemento da Mariña central.
Estreouse como concelleiro na lexislatura 95-99; exerceu como tenente de alcalde entre 1999 e 2003, e voltou á corporación municipal entre 2005 e 2007.



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



