Nota de prensa
O presidente do PPdeG asegura que en dez meses se conseguiu superar o ambicioso obxectivo que se marcara a Xunta para todo o ano: conseguir que oito millóns de persoas coñeceran Galicia
Feijóo di que a fusión das caixas non é un fin senón un medio para manter a Galicia no sistema financeiro español e para apoiar aos emprendedores galegos
• Destaca que en plena crise o Goberno galego conseguiu cristalizar o maior plan industrial da historia da Comunidade co concurso eólico
• Celebra que se conseguise cambiar a tendencia histórica de Galicia pola que sempre os galegos se acababan despedindo do seu patrimonio
• Asegura que a Xunta seguirá traballando con responsabilidade en cada provincia e concello para que a Comunidade sexa unha terra de oportunidades para todos os galegos, vivan onde vivan
Viveiro, 27 de novembro de 2010.- O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe en Viveiro o éxito acadado polos populares no Goberno galego con respecto ao sector eólico, ao Xacobeo e á fusión das caixas e amosouse convencido de que tamén lograrán os retos marcados en cada un dos 315 concellos.
Así, o líder do PPdeG aproveitou o acto de presentación dos candidatos populares ás alcaldías de Alfoz, Burela, Cervo, Ourol, O Valadouro, Viveiro e Xove para subliñar que Galicia xa demostrou que é capaz de acadar todo aquelo que se propón, por moi duro que sexa o momento que se atravesa.
Nesta liña, fixo fincapé en que en plena crise o Goberno galego conseguiu cristalizar o maior plan industrial da historia da Comunidade co concurso eólico, logrando que as grandes empresas españolas quixeran investir en Galicia por ser un territorio solvente e fiable. Ademais, conseguiuse que todo investimento, emprego e recadación quedase na Comunidade e que ningunha empresa puidese eludir as obrigas adquiridas con Galicia coa súa participación no concurso. A resolución da adxudicación da potencia eólica vai implicar, segundo destacou Feijóo, 6.000 millóns de euros en investimentos, a creación de 13.000 postos de traballo, e a posta a disposición dos concellos de Galicia de máis de 1.000 millóns de euros.
Do mesmo xeito, Feijóo tamén salientou que o Goberno galego acadou o mellor ano turístico da historia de Galicia coa celebración dun Xacobeo para a historia. Con respecto a isto, o líder do PPdeG asegurou que en dez meses se conseguiu superar o ambicioso obxectivo que se marcara a Xunta para todo o ano: conseguir que oito millóns de persoas se acercasen ata Galicia. Segundo o dirixente popular, trátase, indubidablemente, un éxito colectivo de todos os galegos.
Así mesmo, Feijóo referiuse ao tema da fusión das caixas galegas, afirmando que en plena crise se conseguiu que o vindeiro luns Galicia vaia selar a maior operación económica da súa historia coa unión de ambas. Nesta liña, o líder do PPdeG celebrou que se conseguise cambiar a tendencia histórica de Galicia pola que sempre os galegos se acababan despedindo do seu patrimonio.
Para o líder do PPdeG, a fusión das caixas non é un fin senón un medio para manter a Galicia no sistema financeiro español e para apoiar aos emprendedores galegos. Nesta liña, fixo fincapé na importancia do apoio financeiro a Galicia, aos seus emprendendores, aos seus sectores produtivos e ás prestacións sociais dunha terra que non vai renunciar a ser unha Comunidade do Benestar.
MÁIS RETOS PARA GALICIA
Feijóo indicou que esos tres logros –Xacobeo, sector eólico e caixas- conseguíronse mediante decisións responsables, que teñen presente a situación que se atravesa e que son conscientes de que para incrementar os servizos hai que asegurar previamente os que xa hai.
Feijóo asegurou que así tamén se conseguirán os demáis retos que o Goberno galego plantexa para a Comunidade, entre os que están o de facer dela un lugar competitivo, cun Plan do Litoral que protexe a costa; o de corrixir o déficit de infraestruturas que afectan especialmente a Lugo e Ourense, para o que desenvolverá o Plan Move que sitúe ao 90% da poboación a 10 minutos dunha vía de altas prestacións; e o reto de incorporar aos galegos ás novas comunicacións, cun Plan de Banda Larga, que ofrece Internet de calidade en todos os recunchos da Comunidade.
Así mesmo, o presidente do PPdeG fixo fincapé en que o Goberno galego ten o obxetivo de facer unha educación pública máis completa e competitiva; de completar o mapa sanitario, cos tres novos hospitais públicos en Lugo, Vigo e Pontevedra e 22 novos centros de saúde públicos; e de seguir contribuíndo ao Benestar da sociedade galega, incrementando en case un 50% as prazas públicas de residencia e mellorando a cobertura social dos galegos que o necesiten.
Da mesma maneira, Feijóo indicou que o Goberno galego seguirá polo camiño da planificación, do rigor, da austeridade, da eficiencia e da unidade, e seguirá facendo de Galicia unha Comunidade que cumpre coa estabilidade orzamentaria para que, cando Europa advirta a España da súa débeda descontrolada, saiba tamén que hai excepcións como Galicia.
UNHA POLÍTICA RESPONSABLE
Ademais, asegurou que o Goberno galego seguirá pagando o que debe e gastando nos cidadáns todo o que poida pero non máis do que dispón, como fan outros Executivos. Para Feijóo, política responsable é apostar polas novas xeracións e non poñer en dúbida, como fai o Goberno de Zapatero, as pensións para o futuro; é buscar máis coñecemento e recursos nas escolas e non recortar as posibilidades lectivas por incrementar a ideoloxía. Nesta liña, non considera responsable gobernar sen mirarse no reflexo da sociedade e si mirándose ao espello de Zapatero.
AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS: DECISIVAS
No que atinxe ás eleccións municipais do vindeiro ano, Feijóo destacou que serán decisivas para os concellos, que precisan da maior lucidez nun momento de tanta posibilidade; para a provincia de Lugo, porque hai que continuar integrándoa nun mapa de igualdade de oportunidades; para Galicia, para que ningún ego local, en prexuízo dos seus veciños, poña freo ao desenvolvemento do proxecto de país que todos comparten; e para España, para mostrar que hai unha alternativa de rigor e xestión ante a asociación directa ou indirecta do PSOE co nacionalismo.




















A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



