Nota de prensa:
Oito empresas presentan as súas ofertas para a xestión dos parques de bombeiros da rede provincial
– Gómez Besteiro subliña que “recibimos 5 ofertas de 8 entidades que serán avaliadas polo comité de expertos para adxudicar o contrato á mellor nun mes”
– A entidade ou conxunto delas beneficiadas seleccionarán e formarán a 90 efectivos, un proceso que se prolongará “durante o primeiro trimestre de 2011”
– A mesa de contratación abriu ademais as ofertas para a adquisición de novo material e equipamento para os 5 parques por valor de case 1,5 millóns de euros
O Presidente da Deputación e do Consorcio Provincial de Bombeiros, José Ramón Gómez Besteiro, e o Director Xeral de Emerxencias da Xunta ademais de Vicepresidente de dito organismo, Santiago Villanueva, mantiveron un encontro este luns no Pazo de San Marcos para celebrar a mesa de contratación na que se deu apertura ás ofertas presentadas á contratación do modelo de xestión que rexerá a rede provincial de parques de extinción de incendios. Gómez Besteiro adiantou que “hoxe damos un paso máis na posta en marcha das 6 instalacións que en principio integrarán a rede provincial de parques de bombeiros, e garantirán o 100% da cobertura contraincendios na provincia. Recibimos 5 ofertas de 8 empresas que serán avaliadas polo comité de expertos para adxudicar o contrato á mellor nun mes. Todo este proceso, xunto ó da formación do persoal, prolongarase durante o primeiro trimestre de 2011”.
O comite de expertos, constituído por 2 técnicos propostos pola Consellería de Presidencia, e outros 2 designados pola Deputación; estudarán a vindeira semana a documentación técnica presentada polas seguintes entidadades: UTE Hasa-Natutecnia (Hispánia de Aviación S.A e Consultoría Natutecnia S.L); UTE Mantenimiento de Infraestructuras S.A e Seguridad Gallega Nosa Terra S.A; UTE Servicios Emergencias Terra Cha-A Mariña (Extraco S.A e Celta Prix S.L); Vehículos, Equipamento y Carrocería Prieto Puga S.L; e Lainsa Servicios Contra Incendios S.A.
A empresa ou conxunto delas que resulten beneficiadas encargaránse da selección dos 90 efectivos, 18 por paque: 11 bombeiros-conductores, 6 xefes de quenda-conductores, e 1 xefe de servizo; dotación mínima que se deberá respetar todos os días do ano durante as 24 horas e os 365 días do ano. Os adxudicatarios tamén se farán cargo da formación especializada ó persoal que será dun mínimo de 250 horas, – o 40% teóricas e o 60% prácticas-; así como do mantemento das instalacións, vehículos e equipamento.
O orzamento do contrato ascende a 35.616.000 euros. O prazo de duración incial é de 8 anos, ainda que, tal e como establece a lei, pode prorrogarse como máximo ata 15 anos.
Cobertura ó 100% da provincia
O 100% da cobertura contraincendios na provincia garantirase coa seguinte distribución: na zona norte, os parques de Barreiros, Vilalba e Viveiro atenderán ós Concellos de Abadín; Alfoz; Barreiros; Burela; Begonte; Cospeito; Cervo; Foz; Guitiriz; Lourenzá; Mondoñedo; Muras; O Valadouro; O Vicedo; Ourol; Outeiro de Rei; Pastoriza; Rábade; Ribadeo; Riotorto; Trabada; Vilalba; Viveiro; Xermade; Xove. No sur lucense, os de Chantada, Sarria e Monforte de Lemos prestarán servizo a Antas de Ulla; Baralla; Becerreá; Bóveda; Corgo; Carballedo; Chantada; Guntín; Láncara; Monforte; Monterroso; O Incio; O Páramo; O Saviñao; Pantón; Paradela; Póboa do Brollón; Portomarín; Quiroga; Ribas de Sil; Samos; Sarria; Sober; Taboada e Triacastela. A prestación de servizo incluirá a actuación nas situacións seguintes: incendios; inundacións; accidentes de circulación; rescates e salvamentos; actividades de prevención, etc.
Preto de 1,5 millóns para novo material
A mesa de contratación tamén abriu as ofertas presentadas para a contratación de novo material e equipamento para os parques de bombeiros por valor de 1.484.800 euros. Deste xeito, nun mes, as instalacións contraincendios contarán cos seguintes servizos: un vehículo autobomba urbano lixeiro de primeira intervención (290.000 euros); un de rescate en altura de 26 metros (500.000 euros); outro tamén de rescate en altura neste caso de 32 metros (550.000 euros); así como co equipamento necesario para ás 4 bombas nodrizas xa adquiridas (144.800 euros). Na actualidade, os 5 parques están dotados de 21 vehículos, 12 foron adquiridos pola Deputación, e 5 pola Xunta en 2008.
Na reunión, ademais do Presidente e Vicepresidente do Consorcio, tamén estiveron: o Subdirector Xeral de Seguridade da Consellería de Presidencia e Vogal de dito organismo, José Antonio Fernández; o Presidente da Comisión Executiva e Deputado Provincial, Claudio Garrido; e o Secretario Interventor, José Antonio Mourelle.























Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



