Nota de prensa
BALSEIRO FALA DO POL DE OÍDAS E DEMOSTRA A SÚA ABSOLUTA FALTA DE COÑECEMENTO DO DOCUMENTO
Os planes de ordenación municipal deberán incluír as directrices deste documento marco e aplicalas para ben ou para mal como corresponda
Estúa dícelle a Balseiro que aprenda a ler e a interpretar para despois poder opinar do que non sabe
A Mariña, 15 de novembro de 2010. O BNG acusou a Balseiro de falar do POL de oídas, primeiro decía que o POL non prohibía, cando os propios promotores lle dixeron o contrario calou a boca durante meses e agora alguén lle dixo que mirara un artigo do documento, agárrase a el pero sen entendelo. Os nacionalistas insisten en que POL e un documento marco que unha vez aprobado fixa directrices que os planes xerais de ordenación municipal deberán incorporar, e aquelas construcions que entren en contradición con el quedarán fora de ordenación diga o que diga Balseiro. Os nacionalistas poñen como exemplo o concello de Foz onde agás o núcleo urbano de Foz, todos os demais da rasa costeira quedarán fora de ordenación en aplicación das directrices fixadas polo POL para este concello.
Balseiro non sabe ler o POL nin interpreta o que le e dedícase a falar de oidas.
“Balseiro nin sabe ler nin interpretar o que le e sobre esta base e imposíbel opinar ou facer xuízos correctos sobre un documento como POL no que ademais a Xunta tratou de dificultar ao máximo a súa interpretación”, desta maneira valorou Xoán Estúa, Vice-Portavoz Comarcal do BNG da Mariña as declaracións do deputado mariñao do PP en relación ao POL. O nacionalista ademais acusa a Balseiro de poñer en boca do BNG afirmacións que nunca se fixeron, “o BNG nunca falou de expropiacións nin ordes de derrubo”. Veiga reta a Balseiro a que diga un so concello da Mariña onde o planeamento actual municipal recolla os mesmos solos culalificados na actualidade como edificabeis que despois da aplicación do POL´
O planeamento municipal deberá recoller e executar as ditrectrices fixadas no POL para ben e para mal.
Para Estúa aínda con estes cambios non deixa de sorprender que baixo premisas falsas siga habendo erros de bulto, Veiga pon como exemplo o concello de Foz, onde non está recoñecido ningún núcleo rural e tomando como base esta situación, todos os nucleos poboacionais da costa de Foz que están incluídos no POL na zona de Mellora Ambiental e Paisaxística, terán moitas dificultades para o seu desenvolvemento. Os nacionalistas insisten en que todos os planeamentos de ordenación municipal deberán adaptarse ao POL que e unha norma de rango superior e por tanto aqueles desenvolvementos urbanísticos contraditorios coas directrices fixada polo POL deberán recollerse nos PXOMs para determinar o seu uso que nuns casos serán compatibeis e noutros non.
Moitas vivendas fora de ordenación en toda a rasa costeira da Mariña
Os nacionalistas insisten en que son múltiples os casos de vivendas nas que os planeamentos municipais en aplicación das direcrices fixadas polo POL quedarán fora de ordenación, así poñen o exemplo dos concellos de Foz, Barreiros, Ribadeo ou Viveiro; onde existe grandes bolsas de solo xa construído que entra en clara contradición co POL e nin está cualificado como núcleo urbano nin rural. Veiga pídelle a Balseiro que aprenda e suxírelle que para facelo fale cos seus compañeiros de partido de Foz, Ribadeo do Grupo Municipal de Viveiro, agás que neste caso non os considere compañeiros xa que están a dicir o contrario do que el manten.




















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



