NOTA DE PRENSA.-
XXIIª TIRADA DE BOLOS – XIª SUB 18 – IIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2010/2011)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
Autoescuela Mundial Xove
CAMPEONATO DE BOLOS DE CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE (30 OUTUBRO 2010 )
45 INSCRITOS: 25 NA LIGA SENIOR, 10 NA LIGA SUB 18 E 9 NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION
LIGA SENIOR
PRIMEIRO LUIS RANCAÑO BOUSO 176 12
SEGUNDO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 153 10
TERCEIRO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 148 8
CUARTO ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS 144 7
QUINTO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 142 6
SEXTO FELIPE RIVEIRO CARBALHO 137 5
SÉTIMO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 132 4
OITAVO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 130 3
NOVENO AUGUSTO ALBO OCAMPO 125 2
DÉCIMO ARTURO VIGO CASABELLA 125 1
MELLOR BOLADA SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 65 1
LIGA SUB 18
PRMEIRO SAMUEL REY ÁLVAREZ 140 6
SEGUNDO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ 87 4
TERCEIRO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 80 3
CUARTO AITOR BOUSO GAVIN 37 2
QUINTO RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO 36 1
MELLOR BOLADA SAMUEL REY ÁLVAREZ 62 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ 87 6
SEGUNDO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 86 4
TERCEIRO DOLORES BAÑO FRAGA 76 3
CUARTO BELÉN MEITÍN ROUCO 69 2
QUINTO CARMEN ROCA CORRAL 61 1
MELLOR BOLADA CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 40 1
INCIDENCIAS DA 4ª TIRADA
(CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE- Sábado, 30 OUTUBRO 2010)
-Tarde de cans, con choiva constante e o campo moi embarrado, o que dificultou grandemente as tiradas.
-45 inscritos, 26 na Liga Senior, 9 na Sub 18 e 10 na Liga Feminina.
Liga Senior.- O segundo posto acadado por Moisés Rodríguez permítelle recuperar o liderato con 35 puntos, 5 máis que Ginés Rodríguez quen só conseguiu ser sétimo. Tamén lle costou caro o non puntuar a César Cancelos, xa que perdeu a terceira posición da táboa, posto que agora ocupan, exequo, José Rafael González e Luis Rancaño, ambos con 25 puntos. Decir que a estas altura da temporada, e despois de celebradas só 4 tiradas, un total de 20 xogadores distintos conseguiron puntuar.
Liga Sub 18.- Foi nesta Liga onde estivo o verdadeiro protagonista da Xornada, que no é outro que Samuel Rey, quen só ten 14 anos, e foi capaz de irse aos 140 tantos, o que lle houbera permitido ser sexto na Liga Senior, cunha mellor bolada extratosférica de 62 tantos, para un rapaz da súa idade. Alto, brazo longo, Samuel sen dúbida apunta moi boas maneiras, xa que a isto súmalle un considerable xenio. Con esta victoria, Samuel pasa da 5ª á 2ª posición con 11 puntos. Unha semana máis o líder é Daniel López con 14 puntos, gracias aos tres puntos acadados nesta tirada. Comparten a terceira posición con 10 puntos na táboa Claudia Fernández e Salomé Cardoso.
Liga Feminina.- Sorpresa nesta categoría, dado que foi unha xogadora Sub 18 quen gañou a tirada. Recordamos que as nenas e rapazas menores de 18 anos participan de feito en ámbalas dúas ligas, na Liga Sub 18 e na Liga Feminina, dahí que se dé o caso de que Salomé cos 87 tantos que consigueu quedou segunda na Liga Sub 18, tantos que lle permitiron gañar a tirada da Liga Feminina. Na clasificación, unha semana máis, Dolores Baño encabeza a clasificación con 15 puntos, seguida de moi preto de Concepción Piñeiro, que avanza unha posición a costa de Carmen Roca, con 15 puntos, e terceira Carmen con 13.
A Vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO O VINDEIRO SÁBADO, 7 DE NOVEMBRO DE 2010.



















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
