Nota de prensa
CORAL POLIFÓNICA ALBORADA DE VIVEIRO
Co nome de Coral Polifónica del Casino de Viveiro e co mecenado de dita Sociedade Cultural e Recreativa, nace a CORAL POLIFÓNICA, no ano 1984, tendo executado o seu primeiro concerto, no Salón Rexio da devandita Sociedade, o día 11 de maio de dito ano.
Con data do 27 de febreiro do 2004, e por acordo unánime de todos os seus compoñentes, contitúese en Asociación independente, baixo o nome de CORAL POLIFÓNICA ALBORADA DE VIVEIRO.
Conta cun completísimo repertorio de música clásica, relixiosa, popular, habaneras, etc… e tendo dado unha multitude de concertos, por terras galegas, asturianas, castelano- leonesas, así como tamén na Bretaña Francesa.
E sobresaínte a súa colaboración nos actos da Semana Santa de Viveiro, interpretando obras de Bach, Victoria, Beethoven, Perossi e outros autores sacros.
Organiza cada ano, coincidindo cas Festas Patronais de Viveiro, un FESTIVAL DE MÚSICA CORAL POPULAR, de moita sona en toda a bisbarra.
Conta na actualizade cunhas 40 voces , baixo a dirección do mestre LUIS VICENTE FERNÁNDEZ PRIETO.
PROGRAMA
A la nanita nana …………………………………………………………………Arm. Escobar
No medio de inverno ………………………………………..G. Holst/Letra E. Lorenzo
El tamborilero …………………………………………………………………………..C. Davis
Adeste Fideles ……………………………………………………..J. Reading
We wish you a merry christmas ……………………………..Popular inglesa
Dirixe: D. Luis Vicente Fernández Prieto
FESTIVAL PROVINCIAL
DE
PANXOLIÑAS
Nadal 2010
Coral Ecos do Ulla de Monterrroso
Coral Polifónica Vilalbesa
Coral Polifónica Alborada de Viveiro
Domingo 19 de decembro de 2010.
Lugar. Igrexa das Concepcionistas
Hora: 20.30 h.
Org: Coral Polifónica Alborada de Viveiro
Colaboran: Relixiosas Concepcionistas, Concellería de Cultura do Concello de Viveiro
Patrocina: FE. CO. GA.
CORAL POLFÓNICA “ ECOS DO ULLA” Monterroso (Lugo)
En Maio de 1985, nace a Coral Polifónica “Ecos do Ulla” dunha inquietude musical que sempre estivo presente na vila de Monterroso.
O seus primeiros directores,entre outros foron; D. Manuel Gato Soengas
Director de Bandas, O mestre e compositor, D. Modesto Rodríguez Ferñández, D. Enrique Alvarellos Iglesias Músico e compositor, Pablo Pérez Varela músico, e na actualidade a dirección corre o cargo de Dna. Sandra Yanarys Nasher Hernández profesora instrumentista na especialidade de piano, é licenciada en coro e educación musical .
Dende a súa fundación, son numerosas ,as actuacións dentro da Comunidade Autónoma de Galicia , destacando as actuacións na TVE de Galicia , no programa de Galicia para ó mundo, na TVG (en varias ocasions) na Catedral de Santiago e na de Lugo, Auditorio Novo Freire de Lugo, Circulos da Artes en Lugo, en distintas provincias; Vigo, Pontevedra, Coruña, Ourense, na Comunidade Asturiana etc.
Ten un variado repertorio de Música Sacra, Clásica, Popular, Folclórica…
Ademáis de unha misa en Galego do mestre e ex director D. Enrique Alvarelllos,chegou a ter ata 60 membros cantores activos na actualidade está formada por 35 membros.
. .
PROGRAMA
ENTRAI PASTORIÑOS………………………………………..…Jorge A. Barbosa
MARIÑEIRO………………………………………………………………..…..R.Groba
NOITE DE PAZ……………………………………………..…………..Franz Gruber
FUENTECILLA QUE CORRES………………………………………………..E. Cifre
CUATRO PALOMAS………………………..……Versión Coral: Electo Silva
Dirixe: Sandra Yanarys Nasher Hernández
.
.
CORAL POLIFÓNICA VILLALBESA
Fundouse esta Coral en 1962 co nome de Masa Coral Villalbesa, dirixida por Don Alfonso de la Torre Piñeiro. No ano 1982 pasa a ser dirixida por Don Xesús Gómez Garcia, co nome de Polifónica Villalbesa. Actualmente dirixida por Don Uxío García Amor.
Durante estes 43 anos de vida a Coral actuou en moitos concertos e celebracións, percorrendo numerosos lugares de Galicia, e dándose a coñecer a través da TVE, a TVG e a Radio Galega. Participou no IV Certame Nacional de Polifonía Xuvenil, así como, en distintas romerías corais galegas, Convenios Caixa Galicia e Deputación e en encontros patrocinados por Fecoga.
O seu repertorio abarca obras de polifonía galega, clásica-relixiosa, o que lle permite actuar en moitas celebracións tanto de carácter folclórico como litúrxico. No ano 2004 editou un cd baixo o patrocinio da Consellería de Educación e Cultura.
É membro da Federación Coral Galega (FECOGA), tomando parte nos moitos encontros que organiza esta Federación. Desde ela pódese ir pregoando os Ecos da Terra Chá.
PROGRAMA
Vinde Ledos …………………………………………………………………………. Pacheco
Eres tú …………………………………………………………………………… J.C. Calderón
Noél …………………………………………………………………………………….Praetorius.
Llegó Navidad ……………………………………………..Coral Inglés (Arm. Feijoó )
Lévame …………………………………………………………………………………..Carvajal
Director : DN. UXIO GARCIA AMOR
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



