NOTA DE PRENSA
A Fundación TIC difunde o labor de 38 asociacións e empresas coa participación de bolseiros da EIS
– Gómez Besteiro asina novos acordos con representantes de 9 empresas, que incorporaron con éxito as novas tecnoloxías nos seus modelos de negocio, para difundir as súas actividades a través de vídeos promocionais
– O Presidente subliña que “con estas colaboracións contribuimos á inserción laboral dos nosos antigos alumnos e fomentamos o uso das novas tecnoloxías no tecido industrial da provincia”
O Presidente da Fundación TIC e da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e representantes de 9 empresas da provincia, que incorporaron con éxito as novas tecnoloxías nos seus modelos de negocio, asinaron este martes os convenios de colaboración para difundir as súas actividades a través de vídeos promocionais nos que participarán bolseiros da Escola de Imaxe e Son; o único centro da provincia que imparte ensinanza especializada do eido audiovisual. A semana pasada, Gómez Besteiro chegaba a acordos con outras seis asociacións sen ánimo de lucro, polo que con estas suman un total de 38 as asociacións e empresas coas que colabora a Fundación para difundir o labor que están a desenvolver.
Gómez Besteiro apuntou que “neste caso, ademais de contribuír á inserción laboral dos nosos antigos alumnos, damos a coñecer o labor de empresas da nosa provincia que son un exemplo do uso das novas tecnoloxías, unha ferramenta básica para ser competitivos no século XXI”. Neste senso, lembrou a aposta decidida do organismo provincial pola implantación das novas tecnoloxías, tanto na administración como no eido privado a través do programa Innova-TE, dotado con 9 millóns de euros e co-financiado nun 70% con fondos europeos.
No acto de sinatura, ademais do Presidente participaron os xerentes de Agrodynamics, Pablo Condo; ChampionChip Norte, José Sánchez; Porco Celta, Pablo Valledor; Asin Informática, Beatriz Varela; Academia JMRivas, José Manuel Rivas; Pleiteando.com, Rodolfo Alonso; Lugar da Veiga, Xosé Luis Lamazares; Granxa Maruxa, Marta Ávarez; e Porto Celeiro, Eduardo Míguez. Deste xeito, Gómez Besteiro cumpre o compromiso asumido con estas entidades no primeiro almorzo tecnolóxico da provincia celebrado no mes de outubro no que participaron estas empresas; unha iniciativa enmarcada dentro das actividades do Innova-TE. Os documentos audiovisuais serán realizados polos profesionais e polos alumnos do organismo dependente da Deputación.
Asociacións colaboradoras
Con estas 9 incorporacións, son un total de 38 as asociacións e empresas coas que colabora a Fundación para difundir o labor que están a desenvolver. Esta ano asináronse outros 18 convenios con organizacións sen ánimo de lucro e deportivas, que se engaden ós 11 que xa estaban en vigor en 2009. Todos os acordos inclúen a participación de bolseiros da EIS “para que complementen a súa formación e tomen contacto co mundo laboral, xa que o emprego é a nosa máxima prioridadade”, apuntou Gómez Besteiro.
Ademais das empresas que asinaron o convenio hoxe, a Fundación colabora con: A Sociedade Micolóxica Lucus; Asociación de Autonómas Empresarias e Profesionais da provincia de Lugo; Asociación A Cova da Terra; Real Aeroclube de Lugo, Asociación amigos do Jazz ” Escobijazz”, Asociación Coral Polifónica Francisco de Fientosa de Castro de Rei.
Asimesmo, mantén colaboracións para o fomento do deporte base na provincia coas seguintes entidades: Escudería Miño, Agrupación Deportiva A Pinguela, Agrupación Deportiva Fefeme Triatlón, Clube Cidade de Lugo Fluvial, Clube Tenis de Mesa Dez Portas, Clube Deportivo Arco Muralla, Clube Natación Portamiñá, Clube Patíns Lóstregos Lucus, Clube San Fernando Lucus Caixa Rural Galega, Clube Ciclista Cidade de Lugo, Sociedade Deportiva Cultural Polvorín e Clube Emevé.
A Fundación TIC tamén difunde o labor de varias asociacións sen ánimo de lucro: Asociación Down Lugo, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFALU), Asociación “Raiolas”, Fundación UNICEF, Asociación Lucense de Xordos (ALUSOR), Federación de Asociacións de Familiares de Enfermos Mentais (FEAFES), Asociación San Vicente de Paul, ANADE, ASPNAIS, Preescolar na Casa e Fundación Azkar




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



