Nota de prensa
O Plan posibilitará o acceso á internet de calidade a todos os polígonos industriais e parques empresariais con carencias de cobertura
O PARQUE EMPRESARIAL DE LOURENZÁ XA DISPÓN DA POSIBILIDADE DE ACCESO A INTERNET GRAZAS AO PLAN BANDA LARGA DA XUNTA DE GALICIA
* Telefónica xa está a comercializar o servizo de banda larga no parque empresarial de Lourenzá como resultado da actuación para a extensión de redes fixas nas zonas carentes de servizo do Plan Banda Larga
* A velocidade mínima que oferta o operador será de 6Mbps de velocidade de baixada e 640 Kbps de subida
Santiago, 19 de decembro de 2010.- O parque empresarial de Lourenzá, no Concello de Lourenzá, xa dispón da posibilidade de acceso ao servizo de banda larga de calidade grazas ao Plan levado a cabo pola Xunta de Galicia. Este parque empresarial atópase no ámbito territorial da actuación de extensión de redes fixas de alta capacidade do Plan Banda Larga, que está a desenvolver a Xunta a través da Secretaría Xeral de Modernización. Esta actuación facilitará o acceso a internet a máis de 80.000 persoas de 398 núcleos de poboación así como á maior parte dos servizos públicos sen banda larga e aos parques empresariais e polígonos industriais con carencias de cobertura.
Para levar a cabo esta acción, a Xunta de Galicia concedeu unha axuda para a extensión de redes fixas ao operador Telefónica por un importe de case 6 millóns de euros cos que consigue mobilizar un orzamento total de case 35 millóns de euros entre capital público e privado.
Servizo ofertado
A solución ofertada por Telefónica no parque empresarial de Lourenzá emprega redes fixas de alta capacidade prestando un servizo mínimo de 6 Mbps de velocidade de baixada e 640 Kbps de subida.
Ademais, antes da fin de 2010 establecerase a velocidade de 10 Mbps de baixada como oferta de referencia sen variacións nas tarifas, desenvolvendo unha oferta a prezo máis reducido en caso de que non sexa posible ofertar os 10Mbps.
Obxectivos do Plan
Antes de que remate o ano en torno a 250.000 galegos que carecían de cobertura terán a posibilidade de acceder á Internet de calidade grazas ao Plan Banda Larga de Galicia 2010-2013, reducindo nun terzo a poboación da Comunidade que non dispoñían de acceso á Rede.
Ademais, o despregamento de redes do Plan é clave para proporcionar as infraestruturas que permitirán avanzar na administración electrónica e en proxectos innovadores en ámbitos como a sanidade, a educación e a xustiza.






















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



