Nota de prensa:
NNXX reuniu esta mañá en Burela a patróns maiores da Mariña para analizar a situación do sector pesqueiro
• O acto, organizado por NNXX, congregou nas instalacións de ABSA a máis de medio centenar de traballadores do mar
• Novas Xeracións continúa así apoiando aos máis novos que traballen en sectores estratéxicos como son a agricultura, a gandería e a pesca
Burela, 11 de decembro 2010.- Patróns maiores dos principais portos da Mariña analizaron esta mañá en Burela a situación pola que está a pasar o sector pesqueiro na zona e a escasa incorporación da xente nova ás diferentes actividades vinculadas ao mar. Novas Xeracións coa organización da mesa redonda “Sector Pesqueiro. Fonte e Riqueza” reitera o seu “apoio a sectores estratéxicos e mantén a súa preocupación polos máis novos que se adican a agricultura, a gandería ou a pesca”. Así o puxo de manifesto o presidente provincial da agrupación político xuvenil, Daniel Vega, durante a xornada celebrada nas instalacións de ABSA e a que asistiron máis de medio centenar de traballadores do mar.
No acto participaron, entre outros, o patrón maior de Burela, José Basilio Otero Rodríguez; a de Ribadeo, Celia Pacio Fernández; e o de San Ciprián, Javier Sánchez Fernández. As súas ponencias centráronse no baixo índice de incorporación da xente nova ao sector pesqueiro e nos excesivos trámites burocráticos para acceder a un posto de traballo neste ámbito. Ante esta
situación, Daniel Vega calificou de “fundamentais” actos como o celebrado hoxe en Burela para “trasmitirlle ás Administracións autonómica e central tanto as demandas da sociedade como os eloxios polo traballo que están a facer”.
No acto tamén estiveron presentes o candidato do Partido Popular na localidade, José María González Barcía; o director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños da Consellería do Mar, Pablo Fernández Asensio; e o xefe territorial de Mar, Vicente Prieto, xunto con outros membros de Novas Xeracións provincial e local.
González Barcia agradeceu a Novas Xeracións por “en pouco tempo acercarse por segunda vez a Burela e centrarse nun dos principais sectores da vila”. Así mesmo, o candidato popular resaltou que NNXX “exerce o seu traballo con responsabilidade lonxe da política con pancarta e do non polo non”.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



