O vindeiro sábado, día 4 de decembro , ás 10 da noite o grupo de teatro O Bordelo de Cervo representará no Centro Sociocultural de Riotorto a súa peza “Quintana de vivos, angurias dos orfos”, orixinal do seu director Francisco Piñeiro. O acto está enmarcado dentro do circuito “Cultura vai” e organizado polo Concello. Con esta actuación os compoñentes do grupo cervense rematan outra temporada repleta de actuacións, a duodécima , e xa comezan a ensaiar con urxencia o seu novo traballo para estrear o día cinco de xaneiro, como vén sendo tradicional en Cervo.
O grupo de Teatro “O Bordelo” de Cervo actúa o sábado en Riotorto
O grupo de Teatro “O Bordelo” de Cervo actúa o sábado en Riotorto
Relacionado
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia
-
Ás cinco da tarde deste sábado saía das inmediacións do Parque de San Francisco a XI Media Maratón Ribadeo-As Catedrais na que se inscribiron máis dun milleiro de corredoras e corredores.
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu á III Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, que se celebrou este sábado en Ribeiras de Lea (Castro de Rei)