Nota de Prensa
O 27 de decembro nunha Sesión Extraordinaria do Pleno foi aprobado o Presuposto Municipal para 2011.
Acta
CONCELLO DE XOVE
1
ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA, CELEBRADA POLO PLENO DO CONCELLO
O DÍA 27 DE DECEMBRO DE 2010.
Na Casa Consistorial do Concello de Xove, sendo as 17
horas do día 27 de decembro de dous mil dez, baixo a
presidencia do Sr. Alcalde-Presidente, D. José Demetrio
Salgueiro Rapa, e coa asistencia dos señores Concelleiros
á marxe relacionados e do Secretario Acctal. D. Pablo
Sánchez Lage, procedeuse a celebra-la sesión
extraordinaria convocada para a hora e día da data.
Sendo a hora sinalada, polo Sr. Alcalde-Presidente,
declarouse aberta a sesión, procedéndose ó debate e
votación dos asuntos incluídos na orde do día.
1º) ORZAMENTO XERAL MUNICIPAL PARA O EXERCICIO 2011.
APROBACIÓN INICIAL.
ADOPCIÓN DE ACORDO.
Por Secretaría dáse conta á Corporación do ditame
emitido pola Comisión Informativa de Contas con data 22
de decembro de 2010, obrante no expediente, e que a
seguir se transcribe literalmente:
“1º.- PROXECTO DE ORZAMENTO XERAL MUNICIPAL PARA O EXERCICIO 2011.
APROBACIÓN INICIAL. DICTAME.-
Aberto o debate polo Sr. Alcalde Presidente,
pola Interventora Municipal explícanse os aspectos máis
salientables do proxecto de orzamentos, é en especial o que se refire á reducción das previsións de
ingresos.
O Sr. Alcalde informa, que si algún grupo ten algunha proposta de investimento que considere de
necesaria realización, poderá estudiarse ós efectos dunha posible modificación de crédito no
exercicio 2011.
Rematado o debate a Comisión cos votos favorables dos Sres. Salgueiro Rapa, González Alvarez e
Meitin Guerreiro, acorda informar favorablemente o Proxecto de Orzamento Municipal para o
exercicio de 2011 e propoñer ó Concello Pleno a adopción do seguinte acordo:
PRIMEIRO: Aprobar inicialmente o Orzamento Municipal para o exercicio de 2011, que presenta o
resumo seguinte:
I.- PRESUPOSTO ECONOMICO DE INGRESOS
A).- OPERACIÓNS CORRENTES.
Cap.1.
Impostos Directos
3.578.700 €
Cap.2.
Impostos Indirectos
10.000 €
Cap.3.
Tasas e outros ingresos
1.289.243,75 €
Cap.4.
Transferencias Correntes
1.143.590 €
Cap.5.
Ingresos Patrimoniais
51.360 €
ASISTENTES:
ALCALDE-PRESIDENTE:
D. José Demetrio Salgueiro Rapa
CONCELLEIROS:
D. José M. Balseiro Canoura
Dª. Ana María Abad López
D. José Manuel González Álvarez
Dª. Mª Dolores Meitín Guerreiro
D. Modesto Ben Fernández
D. Xesús Xosé Fernández Bouza
D. Secundino Vázquez Fra
D. Javier Fernández Basanta
D. Jesús Casabella Lage
INTERVENTORA:
Dª Elena Santos Rey
2
B).- OPERACIÓNS DE CAPITAL.
Cap.6
Enaxenación de inversións reais
0,00€
Cap.7
Transferencias de capital
63.223,25€
Cap.8
Activos financieiros
0 €
Cap.9
Pasivos financeiros
0,00€
TOTAL INGRESOS
6.136.117 €
II.- PRESUPOSTO ECONÓMICO DE GASTOS
A).- OPERACIÓNS CORRENTES.
Cap.1
Gastos de Persoal
2.613.180,00 €
Cap.2
Gastos en bens correntes e servicios
2.769.333,56 €
Cap.3
Gastos financeiros
1.200,00 €
Cap.4
Transferencias correntes
358.400,00€
B).- OPERACIÓNS DE CAPITAL.
Cap.6
Inversións Reais
388.003,44 €
Cap.7
Transferencias de capital
6.000,00 €
Cap.8
Activos financieiros
0 €
Cap.9
Pasivos financieiros
0 €
TOTAL GASTOS
6.136.117,00€
SEGUNDO: Aproba-lo Cadro de Personal obrante no expediente.
TERCEIRO: Aproba-la Bases de Execución incorporadas ó documento orzamentario.
CUARTO: Que o Orzamento Municipal unha vez aprobado inicialmente, se é o caso, polo Concello
Pleno se expoña ó público por prazo de 15 días hábiles mediante anuncio que se insertará no
Taboleiro Municipal de Anuncios e se publicará no Boletin Oficial da Provincia a efectos de
reclamacións.
Dito acordo de aprobación inicial entenderase definitivo de non presentarse reclamacións contra o
mesmo durante o trámite de información pública, entrando en vigor no exercicio a que se refire unha
vez cumprimentado o disposto nos artigos 112.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril.
Os Srs. Vazquez Fra, Fernández Bouza e Ben Fernández manifestan a súa abstención anunciando
que se pronunciaran no pleno.”
Aberto o debate, polo Sr. Alcalde explícase que o orzamento para 2011 é inferior ó de 2010
fundamentalmente pola reducción na participación nos tributos do Estado.
Explicase que o capítulo II é similiar ó do exercicio anterior, posto que se trata de manter os servizos
existentes.
A continuación dáse lectura ó anexo de investimentos, sinalándose que non obstante debe terse en
conta que hai outros investimentos que non figuran no capítulo VI pero que son importantes posto
que non existen apenas concellos que os teñan en conta, a saber; axudas ó estudo, plan de emprego
municipal, axudas para limpeza de montes, axudas para gandería, etc.
3
O Sr. Alcalde reitera o ofrecemento efectuado na Comisión Informativa ós Grupos da Corporación de
aportar investimentos necesarios para unha futurible modificación de crédito en 2011.
Polo Sr. Vázquez Fra manifestase que os orzamentos de 2011 son adaptados á realidade é as
necesidades do Concello.
Polo Sr. Fernández Bouza considerase que a exposición efectuada polo Sr. Alcalde é curta e
manifestase que os investimentos que se executan no concello son gracias ao remanente de
Tesourería, doutro xeito, o Concello ficaría estancado, posto que os recursos están desaproveitados
neste último orzamento,antes das próximas eleccións. O Partido Popular comprometeuse a reducir
gastos e facer cambios, e sen embargo este orzamento é copia do dos últimos anhos, sin alternativas.
Polo BNG pídese que se faga un esforzo cunha partida especial para mellorar o emprego no Concello.
Polo Sr. Alcalde manifestase que a exposición do BNG non pode partir doutro lado que do
descoñecemento, e instase a que o BNG se pronuncie sobre que tipo de servizos se considera
conveniente recortar para incrementar a inversión. A crítica do BNG resulta pouco constructiva, e
brillan pola súa ausencia as aportacións dese partido á elaboración dos orzamentos.
Polo Sr. Fernández Bouza non se considera que se deban pechar servizos, senón que hai unha chea de
ideas pendentes de executar por falta de bontade do goberno local.
Polo Sr. Ben Fernández manifestase que a súa posición é de abstención.
Rematado o debate, a corporación cos votos favorables dos Concelleiros/as Salgueiro Rapa,
González Álvarez, Abad López, Meitin Guerreiro, e Balseiro Canoura, coa abstención dos
concelleiros Vázquez Fra, Fernández Basanta e Casabella Lage, Fernández Bouza e Ben
Fernández, acorda aproba-lo dictame da comisión informativa de Contas, e na súa consecuencia :
PRIMEIRO: Aprobar inicialmente o Orzamento Municipal para o exercicio de 2011, que presenta o
resumo seguinte:
I.- PRESUPOSTO ECONOMICO DE INGRESOS
A).- OPERACIÓNS CORRENTES.
Cap.1.
Impostos Directos
3.578.700 €
Cap.2.
Impostos Indirectos
10.000 €
Cap.3.
Tasas e outros ingresos
1.289.243,75 €
Cap.4.
Transferencias Correntes
1.143.590 €
Cap.5.
Ingresos Patrimoniais
51.360 €
B).- OPERACIÓNS DE CAPITAL.
Cap.6
Enaxenación de inversións reais
0,00€
Cap.7
Transferencias de capital
63.223,25€
Cap.8
Activos financieiros
0 €
Cap.9
Pasivos financeiros
0,00€
TOTAL INGRESOS
6.136.117 €
II.- PRESUPOSTO ECONÓMICO DE GASTOS
A).- OPERACIÓNS CORRENTES.
4
Cap.1
Gastos de Persoal
2.613.180,00 €
Cap.2
Gastos en bens correntes e servicios
2.769.333,56 €
Cap.3
Gastos financeiros
1.200,00 €
Cap.4
Transferencias correntes
358.400,00€
B).- OPERACIÓNS DE CAPITAL.
Cap.6
Inversións Reais
388.003,44 €
Cap.7
Transferencias de capital
6.000,00 €
Cap.8
Activos financieiros
0 €
Cap.9
Pasivos financieiros
0 €
TOTAL GASTOS
6.136.117,00€
SEGUNDO: Aproba-lo Cadro de Personal obrante no expediente.
TERCEIRO: Aproba-la Bases de Execución incorporadas ó documento orzamentario.
CUARTO: Que o Orzamento Municipal unha vez aprobado inicialmente, se é o caso, polo Concello
Pleno se expoña ó público por prazo de 15 días hábiles mediante anuncio que se insertará no
Taboleiro Municipal de Anuncios e se publicará no Boletin Oficial da Provincia a efectos de
reclamacións.
Dito acordo de aprobación inicial entenderase definitivo de non presentarse reclamacións contra o
mesmo durante o trámite de información pública, entrando en vigor no exercicio a que se refire unha
vez cumprimentado o disposto nos artigos 112.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril.
E sen mais asuntos que tratar, sendo as dezasete horas e vinte minutos, levantase a sesión,
estendéndose a acta presente, de todo o que como Secretario, dou fe.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.