Nota de prensa
O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz-representante do GRUPO DE CONCELLEIROS NON ADSCRITOS NO CONCELLO DE VIVEIRO,
EXPÓN:
Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, realiza as seguintes:
MOCION
SOBRE AS COMPAÑIAS ELECTRICAS
Que tanto os veciños de Viveiro como de outros concellos, estamos a padecer, tanto o incremento das tarifas eléctricas que o Ministerio de Industria propuxo a Comisión Nacional de Enerxía, como o cobro de forma irregular de cantidades abusivas e que non cumplen a normativa vigente; xa que se veñen dando casos nos que se cobran cantidades desorbitas, sin que por parte de consumidor poida comprabar as lecturas dos contadores para poder contrastar as cantidades consumidas, dende a implantación dos novos contadores dixitais, nos cales no se ve a lectura, nin aperen reflexadas nas facturas que se remiten os consumidores.
Que este feito vense a dar dende o 01 de xulio de 2009, fecha na que se liberalizou a comercialización, polo cal podiamos contratar libremente con calquer empresa comercializadora, da cal nos pasaron relación y teléfono de contacto. Transcurrido casi ano e medio dende ese momento, nos atopamos co abuso por parte das compañías comercializadoras, tanto no cobro indiscriminado, como nos consumos irreales, procedentes de lecturas estimadas, así como a tardanza no cobro dos mesmos, polo que a calquer familia se lle poden acumular mais de seis meses de consumo, sin pasar factura, o que conleva ó desaxuste económico da economía familiar , que precisamente nos tempos que corremos nos están para florituras.
Por outra parte estamos ante a indefensión das familias, cuyas demandas de aclaración non son nin siquera contestadas, tanto desde as comercializadoras, como dos organismos públicos que teñen as competencias para poder requerir as citadas compañias.
Estes feitos xa foron denunciados tanto publicamente, como levados o pleno municipal, por este grupo municipal con anterioridade, tanto no que se refire a subida de tarifas, como no da atención o cidadán.
Por todo o anteriormente exposto, o noso grupo municipal, SOLICITA, a aprobación por parte do Pleno Municipal do Concello, dos seguintes puntos:
1.- Dar traslado os distintos grupos do Congreso e Senado no Goberno Central, así como da Xunta de Galicia, para que tomen as medidas oportunas, para que as comercializadores den a atención que se merecen os cidadán tanto no complimento da ley, como na atención das suas queixas e reclamacións, e que lles exixan o cobro real do consumo e non consumos estimativos.
2.- Que se lles exixa as empresas comercializadoras da enerxía que teñan cando menos unha oficina de atención ó publico, nos concellos, donde esteñan operando.

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



