REFERENCIA
Os Concelleiro abaixo fírmante, Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR NO CONCELLO DE VIVEIRO,
En base a lexislación vixente, presenta a seguinte:
MOCIÓN SOBRE O VELLO PEIRAO DE VIVEIRO
Ó amparo do dispositivo nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización,Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN, en base nos motivos e consideracións desenvoltos na seguinte:
EXPOSICIÓN:
No pleno de data 28 de Xaneiro de 2008 este grupo presentara unha moción definida ESTUDO DÁ MODIFICACIÓN DO PROXECTO DO ANTIGO PEIRAO DE VIVEIRO, que fora rexeitada tanto polo equipo de goberno, como polos concellais do BNG e IU_EU.
Nela indicábamos que existía un compromiso de execución dun proxecto para o antigo peirao de Viveiro que ademais de despexar a parcela de galpóns, a maior parte en deshuso, que obstaculizan a visión da ría, favorecería a apertura da cidade cara ao mar, que ía servir para configurar un trazado de espazos de lecer conxugado con xardíns de carácter público.…………………………………………….
Foron varios os arquitectos e estudantes que en xullo do 2005 participaron no taller de arquitectura promovido polo propio Concello de Viveiro, achegando a posibilidade de crear mais de 400 prazas de aparcadoiro na zona do actual peirao, reconocendo que no núcleo urban existe unha carencia de espacios para aparcamento, e asi mesmo beneficiaría o comercio do casco histórico.
Por elo indicábamos que ben puidese aliviarse coa integración no devandito proxecto dun aparcadoiro soterrado. Polo que avalados pola opinión dos expertos na materia creiamos necesaria unha modificación ou ampliación do proxecto existente naquela data.……………………………………………………………………
Así mesmo, facíamos referencia á casa coñecida como “Casa de Gardapeiraos”, edificación empedrada acorde co medio , e solicitábamos a conservación da mesma non só como sinal de identidade do lugar, senón tamén pola posibilidade que ofrecería unha vez acondicionada para uso público.…………………………………
En dita moción solicitábamos:
1º Realizar as pertinentes xestiones a fin de someter a estudo a posibilidade de modificación do proxecto inicial incluíndo o aparcadoiro soterrado.
2º Da mesma maneira incluír no proxecto a chamada “Casa do Guardapeiraos”, evitando así a súa demolición.………………………………………………..
En dito pleno o Sr. Alcalde manifestaba que era unha proposta fora de tempo, e de lugar. Asi mesmo que o proxecto tiña unha tramitación e que na exposición ao público ningún partido plantexara modificación do mesmo; que o Servizo de Costas invertiría 3.200.000 €uros e calqueira modificación sería paralizala obra.
Indicaba tamén que non había que esquencer que non son terreos municipais, polo que a Alcaldía xa fixera as xestións para ese fin e se estaba a redactar o estudo de viabilidade.
Dende o noso grupo indicábamos que a circunstancia de que non fixera uso do trámite ná exposición ao público para presentar alegacións, fora o motivo de non paralizar a execución do proxecto, xa que entre que non realízase ou ben se executase ,, estábamos a favor claramente esta última opción;
Xa pasaron dende aquela caseque tres anos e varios galpóns ainda seguen en pé, as calzadas por chamarlle dalgun xeito estas cheas de socavóns e impracticables, e asi mesmo non comenzaron as obras.
A través da prensa en varias ocasións, tanto por parte do grupos que gobernaron das distintas administración tanto de Estado como da Xunta de Galicia, ou dos que gobernan ou por parte da oposición, sairon na prensa votando foguetes, pero a festa non da empezado.
———-
Solicitamos una resposta por parte da alcadía para que nos indique a dia de hoxe como están o proxecto e as xestións, asi como si ia incluido o aparcamento soterrado.
Por todo isto,o Grupo Municipal do partido Popular no Concello de Viveiro somete á consideración do Pleno da Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
PROPOSTA DE ACORDOS:
PRIMEIRO: Instar ás administracións que estan incluidas no proxecto, tanto do Estado como da Xunta de Galicia, a que indiquen como esta mesmo e se se van a cometer ditas obras ou non, nunha obra de suma importancia para o noso concello.
PREGUNTAS/ROGO
O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR NO CONCELLO DE VIVEIRO,
EXPÓN:
Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, formula as seguintes:
PREGUNTAS
1.- Había un proxecto para a reparación do paseo marítimo de Covas en donde se ía modificar o carril para os vehículos, e tamen estaba contemplado facer un carril para bicicletas. ¿Cómo está o mesmo?, ¿vaise executar? ¿Para cando?.
2.- ¿Ten coñecemento o equipo de goberno que nos dous últimos fin de semana, na noite do sábado o domingo tan so estivo un traballador do servicio de limpeza pertenecente a empresa concesionaria de recollida de lixo Cespa no casco de Viveiro, e non se baldearon as calles do mesmo? ¿A que se debeu esto?
3.- O paseo marítimo de fechada a altura do hotel Orfeo segue sen estar rematado, segue coas vallas postas, ¿Vaise tomar alguna decisión para poder executar o remate das obras e abirlo ós viandantes?, e asi mesmo ¿Cómo esta o tema de derribo do que foi o Cine Orfeo?
4.- ¿Fíxose alguna xestión coa empresa encargada da instalación do belen para a súa montaxe cara as próximas festas do Nadal 2010?, ¿vaise instalar ou non?
5.- ¿Vanse reparar as aceras da marxe izquierda (indo hacia a praia de Covas), no tramo entres os colexios ata o remate do parque?.
6.- Esta prevista a remodelación e acondicionamento dos xardins na zona da praza Juan Donapetry para o mes de Decembro. Na mesma hai una fonte de pedra que leva moito tempo sen funcionar. ¿Dentro do proxecto esta previsto poner en funcionamento a mesma?
7.- No presente ano fixéronse de novo as aceras en dirección a Covas, na marxen dereira da calle misericordia. As obras detiveronse despois de pasar o IES Maria Sarmiento, na zona contigua o muro do parque, ¿Cando se vai proceder o remate de dita acera, hacia a entrada do parque, perto de estadio municipal de Cantarrana?.
ROGOS
1.- Varios usuarios do porto deportivo de Viveiro, na actualidade en mans de Portos de Galicia, coa concesión a favor da empresa ronautica, nos transmitiron as súas queixas sobre a deficiencia no alumeando na zona de todo o espacio que ocupan as instalacións, Por elo ROGAMOS que dende o Concello de Viveiro, se faga una petición o Ente autonómico, asi como a concesionaria para que doten de alumeado público ditas instalacións.
En Viveiro, a 18 de Noviembre de 2010
Asdo: Guillermo Leal Arias
SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO. AYUNTAMIENTO DE VIVEIRO


















No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.



