Nota de prensa
Os datos oficiais tiran por terra as afirmacións de Manuel Vázquez, líder dos socialistas galegos, que aseguraba que os médicos que traballaban pola tarde, ampliando voluntariamente o seu horario laboral, daban altas por interese económico
BALSEIRO DA A COÑECER QUE A PORCENTAXE DE ALTAS HOSPITALARIAS NAS CONSULTAS EN HORARIO DE MAÑÁ SON MOITO MAIORES ÁS REXISTRADAS EN HORARIO DE TARDE
* No primeiro semestre de cada 100 pacientes que acudiron á súa consulta en horario de mañá 67 foron dados de alta. Pola tarde o número de altas descendeu a 59 de cada 100. Tamén no segundo semestre as altas na xornada de mañá foron de71 de cada 100 e pola tarde descenderon a 65 de cada 100.
* O deputado popular empraza á o secretario xeral socialista a rectificar de inmediato e volve a reclamar que cese na súa pretensión de poñer en dúbida a profesionalidade e honorabilidade dos profesionais sanitarios do Hospital da Costa
Santiago, 1 de decembro de 2010.- De ser certas as acusacións feitas polo líder dos socialistas galegos, Manuel Vázquez, nas que asegurou que os doutores do Hospital da Costa que voluntariamente deciden prolongar a súa actividade laboral ordinaria de mañá para atender consultas en actividade extraordinaria de tarde dan altas aos seus pacientes seguindo intereses económicos e non médicos, o lóxico sería concluír que estes doutores darían moitas máis altas cando atenden en actividade extraordinaria de tarde que cando o fan en actividade ordinaria de mañá. Pois ben, esta premisa non se cumpre, segundo deu a coñecer hoxe Jose Manuel Balseiro citando datos oficiais. O deputado popular asegura que a porcentaxe de altas hospitalarias nas consultas dos especialistas en horario de mañá (xornada ordinaria) é moito maior que ás rexistradas en horario de tarde (xornada extraordinaria).
Os datos facilitados non deixan espazo para a dúbida e botan por terra a grave acusación feita polo PSOE. Mentres que durante o primeiro semestre de cada 100 persoas que tiñan consulta co especialista pola mañá 67 obtiveron a súa alta, este número redúcese a 59 de cada 100 se a consulta foi en horario de tarde. Esta tendencia mantense se empregamos os datos do segundo semestre. De cada 100 doentes que acudiron á consulta en horario de mañá 71 foron dados de alta. Mentres que pola tarde tan só obtiveron a súa alta 65 de cada 100 doentes atendidos.
A luz da contundencia dos datos explicados, Jose Manuel Balseiro emprazou ao secretario xeral socialista a deixar de xustificar o inxustificable e rectificar de inmediato. Tamén pediulle que, aínda que sexa por respecto á súa antiga profesión de médico, cese na súa pretensión de poñer en dúbida a profesionalidade e honorabilidade dos profesionais sanitarios do Hospital da Costa. Balseiro quixo insistir nunha mensaxe de tranquilidade dirixida á opinión pública en xeral. “No Hospital da Costa ofrécese a mellor atención sanitaria posible e sempre atendendo a criterios médicos, con totais garantías, sempre pensando no mellor para o paciente.
DISTINTOS PROCESOS NA XORNADA DE TARDE
Balseiro explicou tamén que dentro do programa de autoconcertación (que é como se denomina tecnicamente á xornada extraordinaria de tarde, isto é, a aquela na que os médicos deciden voluntariamente prolongar a súa actividade laboral polas tardes para atender a doentes e reducir o tempo de espera) existen dous tipos de procesos diferentes: os de resolución rápida e os procesos de consulta.
Os de resolución rápida contemplan o proceso completo necesario para resolver os problemas de saúde dos doentes, mediante a historia clínica, exploración física e probas complementarias e diagnósticas que sexan precisas para establecer un diagnóstico e un tratamento nun mesmo acto clínico, evitando deste xeito desprazamentos ou citas posteriores innecesarias. O paciente é atendido de xeito máis rápido, máis eficiente, e o seguimento se efectúa despois polo médico de cabeceira.
No caso dos procesos de consulta: que son secuencias de consultas efectuadas a un paciente por problemas de saúde e a de revisión de resultados e seguimentos necesarios para establecer un diagnóstico e un tratamento.
Balseiro asegurou que pensando no benestar do paciente é moito mellor que os médicos poidan resolver a súa enfermidade e dar o tratamento no menor tempo posible e sen necesidade de reiteradas consultas que o que fan é trasladar no tempo a resolución definitiva do seu problema de saúde. Polo tanto é lóxico que sexa mellor un proceso de resolución rápida que o de consulta. En todo caso o médico de antemán, “salvo que sexa Deus ou teña inspiración divina”, non pode saber se a doenza do paciente pode ser atendida e diagnosticada nun proceso de consulta ou nun proceso de resolución rápida. Esta decisión dependerá exclusivamente do análise de cuestións médicas -que nada teñen que ver cos intereses económicos dos que falaban no PSOE- que mesturan conceptos nun estéril intento de xerar polémicas sen ningún fundamento e o único que fan é poñer en cuestión a ética e profesionalidade do acto médico.























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



