Nota de prensa
O debate desta iniciativa tivo lugar esta tarde no seo da Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia
UNANIMIDADE DAS TRES FORZAS POLÍTICAS PARA IMPULSAR UN ACORDO ENTRE PORTOS DE GALICIA, O DEPARTAMENTO ESTATAL DE COSTAS E O CONCELLO PARA QUE ESTUDEN OS FUTUROS USOS DO ANTIGO PEIRAO PESQUEIRO DE VIVEIRO
o Balseiro defende como condición imprescindible integrar no proxecto de rexeneración destes espazos a construción dun parking soterrado tal e como demandan veciños e comerciantes.
o De non chegarse a un acordo definitivo entre todas as administracións os populares anuncian que a Xunta de Galicia estaría disposto no ano 2011 a impulsar un proxecto que contemple outros usos nesta zona incluído o parking soterrado
Santiago, 16 de decembro de 2010.- Unanimidade das tres forzas políticas para impulsar un acordo entre Portos de Galicia, o departamento estatal de Costas e o Concello de Viveiro, de tal xeito que estas tres administracións estuden os futuros usos dos espazos correspondentes ao antigo peirao pesqueiro de Viveiro. Populares, socialistas e nacionalistas uniron o seu voto para pedirlle á Xunta que consensue os futuros usos destas instalacións de titularidade autonómica e votaron favorablemente a un acordo conxunto no seo da Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia que tivo lugar na tarde de hoxe.
PARKING SOTERRADO
Os populares anunciaron que sempre condicionarán os novos usos do vello porto pesqueiro Viveiro a que o proxecto de rexeneración que finalmente se desenvolva contemple a execución dun novo parking soterrado. Unha petición coa que, segundo explicou o voceiro popular do Mar, Jose Manuel Balseiro, os populares responden a unha demanda dos veciños e dos comerciantes da localidade seguros de que esta nova infraestrutura serviría para dinamizar e dar novos servizos á cidade e impulsar a actividade turística e comercial.
COSTAS PREVÉ INVESTIR NO QUE NON É SEU, PERO NON O FAI NOS ESPAZOS DA SÚA TITULARIDADE
Balseiro lembrou que a día de hoxe áinda existen concesións vixentes nestes espazos –que deberían ser rescatadas en caso de contemplar outros usos- e amosou a súa perplexidade porque o Departamento estatal de Costas teña previsto achegar un investimento millonario nun espazo que non é da súa competencia cando aínda están pendente os arranxos de múltiples paseos marítimos e areais afectados polos pasados temporais.
Jose Manuel Balseiro sinalou que a posición do Grupo Popular non é contraria á chegada deste investimento pero insiste en que a condición imprescindible para levala adiante é a creación dun aparcamento soterrado. Como mostra de boa vontade os populares sinalaron que a petición do Grupo Popular os orzamentos da Xunta para 2011 contemplan unha partida específica para a execución do proxecto construtivo de futuro parking cuxa execución se incluíria posteriormente no proxecto máis global de rexeneración dos vello porto, nos espazos comprendidos desde a zona do peirao deportivo ata a ponte da Misericordia.
O PP NON DESCARTA IMPULSAR ESTE PROXECTO
Finalmente Jose Manuel Balseiro tamén indicou que de non chegarse a un acordo definitivo entre todas as institucións, a Xunta de Galicia estaría disposta a impulsar no ano 2011 un proxecto que contemple outros usos nesta zona incluído o parking soterrado.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



