NOTA DE PRENSA.-
INAUGURACIÓN DO BELÉN MUNICIPAL DE XOVE
Mañá VENRES 17 DE DECEMBRO comeza a PROGRAMACIÓN DE NADAL do Concello de Xove, Programación que foi presentada onte en Rolda de Prensa polo Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Cultura Dolores Meitín.
O punto forte das actividades de mañá venres vai ser a Inauguración do Belén Municipal, pero antes da mesma, imos ter outra serie de actividades:
-Ás 11:30 horas, na Escola Infantil de Xove terá lugar a FESTA DO NADAL, coa chegada de Papá Noel, Festa na que van participar tódolos nenos/as da Escola Infantil.
-Ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións da Oficina Municipal de Turismo, inauguración da Exposición de Pintura de “Tony Mendaña”, pintor xovense que expón por primeira vez no noso Concello.
Como dixemos antes, o prato forte desta xornada inaugural do Programa de Nadal do Concello vai estar centrado na INAUGURACIÓN E APERTURA DO BELÉN MUNICIPAL DE XOVE, a cal vai ter lugar mañá ás 21:00 horas no Parque Municipal de Xove.
Trátase do maior Belén da Mariña, e xa unha referencia dentro do Nadal na nosa Comarca, que por cuarto ano consecutivo se monta en Xove, inda que este ano cambiouse a ubicación, dado que a Praza do Centro Cívico quedábase pequena para o mesmo. Coa nova montaxe cáseque se duplica a súa superficie, pasándose de algo máis de 1.000 metros cadrados aos 1.800 metros que ten este ano.
O Belén este ano instalouse na parte superior do Parque Municipal, moi perto do sitio do pasado ano; con este cambio gañouse por unha banda en superficie, como xa dixemos, e por outra gañouse en naturalidade, dado que se aproveita todo o conxunto natural desa parte do Parque (frores, calles, árbores, superficier herbóreas, fonte, etc) para integralo no Belén, facendo ao mesmo tempo que o conxunto belenístico quede mellor integrado.
Pero as novidades non acaban aquí. Dentro das melloras, este ano incorporáronse máis figuras, con máis animais (vacas, ovellas, aves, etc.) e personaxes, para o cal se aproveitaron uns maniquís.
Aparte das escenas presentes noutros anos (Nacimento, Noria, etc.), este ano incorporáronse varias máis, como un cobertizo para gando e unha forxa coa súa fragua e a súa barquilla.
Outra novidade que esperemos aprecien os moitos visitantes do Belén é a mellora sustancial da súa iluminación , ampliándose en todo o conxunto e reforzándose especialmente nas escenas principais do mesmo.
Dixemos que a inauguración e apertura vai ter lugar ás 21:00 horas (9 da noite), unha boa hora para que tódolos xovenses e visitantes, acompañados das sáus familias, se acheguen ata o Parque de Xove a contemplar este entrañable acto.
A apertura vai contar cun potente espectáculo de luz, son e fogos. Pero temos que aclarar que non se trata dun Belén estático, senón dun BELÉN VIVENTE, xa que 12 xovenses da Escola de Maiores van estar dentro do Belén recreando diferentes escenas, na forxa, cos animais, etc.
Unha vez realizada a apertura do Belén, o seguinte paso será o ENCENDIDO DO ARBOL XIGANTE DE NADAL que está ubicado na Praza do Centro Cívico. A aparición e chegada de Papá Noel porá fin a esta noite tan entrañable.
Dende aquí, quéreselle agradecer o traballo realizado por todo o personal do Concello na realización e posta en marcha do Belén, agradecemento que queremos se faga extensible a tódolos voluntarios/as da nosa Escola de Maiores que altruistamente lle van dar vida ao Belén, e a tódolos veciños/as do Concello que colaboraron desinteresadamente co mesmo, co seu traballo ou facilitando pezas e elementos que agora están incluidos alí.
Nada máis, aproveitar para invitar a tódolos veciños e visitantes, xuntos coas súas familias, para que se acheguen mañá a Xove a disfrutar do Belén e das demáis actividades programadas.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



