Superadas as ledas (e nostálxicas) datas do Nadal, nas que se xuntan emocións e sentimentos que veñen a alterar o normal e monótono discurrir dos días vilegos, volta a vida á rutina, tan desexada por uns, como rexeitada por outros, mais amantes das variables vitais, da solpresa e mesmo do risco; plantexamentos, un e mailo outro, ós que non son alleas as idades dos individuos. Pasado o lapsus imposto polas últimas celebracións tamén a tertulia cotidiana, da que dimos conta en entrega anterior, volve á normalidade para debatir sobre os mil asuntos que a actualidade depara, aínda que nesta ocasión hai temas pendentes debido ós cortes producidos por tanta festa.Un deles son as declaracións que se cruzan os artífices da violenta ruptura do longo contubernio mantido por dous gurús da política focega. As mútuas acusacións das que, de ser certas, ambos foron cómplices ou encubridores, poñen á vista a pouca credibilidade da que son merecentes. Xa Thomas Hobbe dixera que “o home é un lobo para o home”¿qué decir cando a loita se da entre manadas?…Sobre a mesa tertuliana, un tema non tratado: hai unhas datas era noticia que íase a gastar unha millonada en cubrir de céspede artificial boa parte dos campos de fútbol da Mariña.A nova ben merece o debate, posto que a cotío se nos lembra que estamos en crise tal, que mesmo obriga a recortes drásticos en atencións de vital necesidade e que, polo tanto, as inversións que se produzan deben dirixirse a cuestións inaprazables, considerando a incidencia que as mesmas podan ter para resolver, ou axudar a paliar, a grave situación do desemprego…¿Tal plan é coherente con aqueles postulados ou é que as institucións non coñecen a crise?. Como é tradicional certas rúas de Foz luciron polo Nadal o alumeado artístico e soaron os vilancicos, por certo ningún deles galego. A música é universal e nese universo está tamén a nosa terra. Pregunta: ¿e que para o lexítimo e desexable coñecemento e disfrute de outras culturas – neste caso a musical- é preciso soterrar a propia? Nada se afirma nen se nega en canto antecede: sobre os temas debaten os tertulianos que, como teñen por norma, en nengún caso dictarán sentencia. Trátase só dun exercicio de terapia para a memoria e o raciocinio…
Suso Fernández
















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



