Nota de pernsa:
O CONCELLO PORÁ EN MARCHA UNHA FOTOTECA AO LONGO DAS VINDEIRAS SEMANAS, SEGUNDO VEN DE ANUNCIAR O ALCALDE. O OBXECTIVO É RECUPERAR A HISTORIA PASADA DE RIBADEO E ILUSTRAR ÁS XERACIÓNS FUTURAS.
Ribadeo, 26 de xaneiro de 2011. O Concello porá en marcha unha fototeca ao longo das vindeiras semanas, segundo ven de anunciar o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor sinalou que “se trata dunha iniciativa que, sen dúbida, terá moi boa acollida entre as veciñas e os veciños de Ribadeo. É un proxecto que nós queremos importar doutros concellos que xa levan tempo facendo estas accións con notable éxito. O que pretendemos é que a veciñanza nos vaia aportando e prestando fotos anteriores a 1970 e que reflexen unha imaxe do Ribadeo de antes, con paisaxes, retratos, festas, oficios, faenas do campo, arquitectura popular ou calquera outro tipo de fotografías que consideren de interés”.
Suárez Barcia engadiu que “unha vez que o material se nos preste será escaneado e devolto no mesmo día aos seus propietarios. Nós quedarémonos cunha copia en soporte dixital, que será a materia para facer logo unha serie de exposicións na vila ou nas parroquias. Gustaríanos contar co arquivo fotográfico que de boa fé moitos veciños e veciñas nos queiran deixar para ir avanzando un pouco máis na recuperación da nosa historia pasada e que, si cadra, moita xente a día de hoxe descoñece. Queremos ilustrar ás xeracións vindeiras de cómo era o Ribadeo de antes”.
O lugar de recollida das fotos será o Telecentro de Ribadeo. Os interesados poden acudir alí polas mañás de 12.00 a 14.00 horas e polas tardes de 16.00 a 18.00 horas. O prazo de entrega remata o 15 de marzo.
A fototeca é un proxecto do Concello de Ribadeo, que conta co patrocinio da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



