Nota de prensa:
FERNANDO SUÁREZ AGARDA QUE A DEPUTACIÓN LICITE CON CARÁCTER DE URXENCIA AS OBRAS DA PONTE DE ARANTE, AGORA QUE A XUNTA LLE DEU O VISTO BÓ AO PROXECTO PRESENTADO POLA INSTITUCIÓN PROVINCIAL.
Ribadeo, 26 de xaneiro de 2011. O alcalde, Fernando Suárez, agarda que a Deputación licite con carácter de urxencia as obras da ponte de Arante, agora que a Xunta lle deu o visto bó ao proxecto presentado pola institución provincial. O rexedor participou esta mañá en Santiago na xuntanza do comité asesor do Camiño de Santiago no que se abordou esta cuestión.
Suárez Barcia relatou que “eu estiven nesta xuntanza do comité asesor do Camiño de Santiago con voz, pero sen voto, e podo dar a boa nova de que por fin este proxecto contará co informe favorable da Xunta con algunhas correccións que terá que facer a Deputación, pero con estas suxerencias incluidas xa poden proceder a licitar as obras, sen ter que voltar o proxecto a este comité asesor do Camiño”.
O alcalde dixo que “por fin despois de sete meses de discusións entre Xunta e Deputación parece que todo se está poñendo ben para que canto antes se poidan licitar estas obras tan importantes. Terán que ser licitadas pola Deputación e agardo que o faga con carácter de urxencia para que sexa posible que na primavera volte a estar operativa esta ponte de Arante, que tantas molestias está a ocasionar aos veciños das parroquias afectadas, aos conductores dos autobuses escolares, á maquinaria agrícola pesada… Todos teñen que dar uns rodeos enormes e as pistas municipais polas que está a pasar toda esta maquinaria e o tráfico pesado as están estropeando de xeito acelarado. A ver si agora estamos no principio do fin para que esta ponte sexa xa unha realidade”.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



