Nota de prensa
GUILLERME ANIMA NA MARIÑA A SECUNDAR A FOLGA XERAL DO DÍA 27 CONTRA A REFORMA DAS PENSIÓNS PORQUE “É UNHA PUÑALADA Á GRAN MAIORÍA DA SOCIEDADE”
O portavoz nacional do BNG reunise co Comité de Empresa de Alcoa e pola tarde intervirá en actos sobre a reforma das pensións en Foz e Riotorto
O 47% dos pensionistas da Mariña cobran menos de 546 euros ao mes e o 86% non chega aos 600 euros
Xove, 20 xaneiro 2011.- O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, animou hoxe á sociedade galega a secundar o día 27 a folga xeral convocada contra a reforma das pensións pactada por PSOE e PP porque “é unha puñalada nas costas á gran maioría da sociedade”.
Guillerme Vázquez reuniuse esta mañá cos representantes do Comité de Empresa de Alcoa. Despois da reunión Guillerme xantou cos traballadores e traballadoras. Xa pola tarde, reunirase cos traballadores despedidos de Sargadelos e pronunciará dúas charlas sobre a contrarreforma das pensións: unha en Riotorto, ás 17:30 horas no centro social de Augasoxa, e outra ás 20:30 horas en Foz, na Casa da Cultura Manuel María.
O portavoz nacional do BNG alertou en declaracións aos medios de que “estamos diante dunha nova agresión aos dereitos básicos dos cidadáns cun retallamento significativo das pensións públicas que vai ter máis repercusión na Galiza, onde xa temos pensións máis baixas que no conxunto do Estado e onde hai un maior número de pensionistas”.
Neste sentido, Guillerme denunciou que este recorte e o aumento da idade de xubilación “está apoiado con maior ou menor disimulo polo PP” e atribuíno “a políticas ditadas polos amos das finanzas e, polo tanto, están dirixidas a seguir mantendo os seus beneficios pero non a solucionar ningún problema social nin a crise”.
“É unha medida inxusta que non ten ningunha xustificación técnica”
Ademais, o portavoz nacional do BNG subliñou que “non hai maneira de xustificar tecnicamente a necesidade desta reforma das pensións, máis alá de informes pagados pola banca a cerca de non se sabe que evolucións da demografía”.
“Non hai xustificación ningunha para seguir metendo puñaladas nas costas dos sectores máis débiles desta sociedade”, denunciou.
“O único obxectivo da reforma é beneficiar á banca para que a xente se pase ás pensións privadas”
Ademais, Guillerme advertiu no encontro co comité de empresa que “a reforma das pensións é algo que se monta baseado en falsidades e o único que persegue é rebaixar a contía das pensións”. “Quérese transmitir a idea de que o sistema público de pensións só garantirá unhas pensións mínimas e , polo tanto, para ter unha pensión digna, hai que aforrar e pagar pensións privadas” engadiu.
“E isto -advertiu- só lle interesa á banca, e o Goberno do PSOE está totalmente condicionado pola banca”.
Na Mariña o 47% dos pensionistas cobra menos de 546 euros ao mes
Como exemplo das nefastas consecuencias que esta reforma terá na Galiza está o caso da Mariña, unha comarca onde o 47% dos e das pensionistas sobreviven con menos de 546 euros ao mes, unha situación extrapolábel á maior parte de Galiza.
Ademais, das 18.843 persoas censadas como pensionistas na Mariña, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, o 86% ten unha pensión inferior aos 600 euros mensuais, e, como xa indicamos, o 47% cobra menos de 546 euros ao mes.

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.