Nota de prensa
CASTIÑEIRA CALIFICA DE IRRESPONSABILIDADE SIN PRECEDENTES, E ESIXE UNHA RECTIFICACIÓN PÚBLICA AS DECLARACIÓNS DO GRUPO SOCIALISTA FOCENSE EN REFERENCIA AO CATALOGO DE FARMACOS DA XUNTA DE GALICIA .
Foz, 31/01/11.- O partido popular focense califica de irresponsabilidade política sen precedentes que os dous máximos dirixentes do concello de Foz, o alcalde Sr Rivera ea tenente Alcalde Rosa Alonso, publiquen nos medios de comunicación con argumentos totalmente falsos e carentes de demostración científica e fora de contexto co unha declaracións sobre os medicamentos xenéricos co único obxetivo de levantar alarma social aos veciños da Mariña.
Nas declaracións onde ambos dirixente afirmaban que había persoas que se desprazaban a Asturias a buscar os fármacos son completamente falsas, por imposibles, porque a receta para calquera mariñán a suscribe un facultativo do Sergas Galego, con un medicamento en concreto que en calquera localidade de España o deben de suministrar de acordo ao establecido na receta, e si o cidadán desexa cambiar de marca debe, abonala do mesmo xeito que o faría en calquer farmacia de España. Ademais existe en Galicia temos receta electrónica e Asturias non polo que as dificultades son moito maiores.
Castiñeira reprocha ademais ao grupo socialista que Asturias nos leva varios anos de diferenza con respecto á aplicación medicamentos xenéricos onde o porcentaxe de consumos é moitísimo maior que en Galicia, polo que o argumento do Sr Rivera non ten fundamento ningún.
Añade Castiñeira que con estas declaracións o alcalde parece estar invitando aos cidadáns mariñas a facer un uso deses “Apaños” como él os denominada ao que non é outra cousa máis que fraude sanitario , posto que un familiar, pida os medicamentos dun facultativo ou dunha administración que non é a súa, está incurrindo nun uso fraudulento da sanidade pública a toda regra , si o alcalde sabe que existe o fraude sanitario, como responsable público debería poñelo en coñecemento das autoridades porque o que non facelo pódese pensar que está a encubrir conductas fraudulentas con unha irresponsabilidade política que roza o ridículo.
Segue declarando Castiñeira, “Que se esixe unha rectificación publica de Rosa Alonso cando afirman que “os medicamentos xenéricos poden causar danos irreversibles para a salúde”, cando non ten ningún argumento científico que así o atestigue, posto que cando sae un medicamento ao mercado e pasa todos os controles establecidos e o cidadán pode estar totalmente tranquilo de estar consumindo un fármaco totalmente seguro, sexa da marca que sexa.
Para Rematar, Castiñeira apoia a política do señor Feijoó neste sentido, tratando de axeitar o gasto público á realidade económica existente supoñendo un aforro mensual de 10 millóns de euros, non sendo lóxico pagar máis polo simple feito de ter a marca comercial ou a patente dese produto, e é moi probable que o que hoxe están criticando os socialistas, nun futuro próximo o impoñan en toda España, coa posibilidade como así é, de que si o cidadán desexa un fármaco de marca pode compralo en calquera das farmacias de toda España.
















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



