Cada sección do Museo do Mar contén pezas para poder descubrir a través do tacto para achegar o seu coñecemento o colectivo de persoas cegas a Tridacna gigas é unha delas. A información tamén está en Braille a disposición dos visitantes.
Tridacna gigas Linnaeus, 1758
Almeja gigante/Ameixa xigante
orixe:
Indo-Pacífico e Mar Roxo
Tridacna gigas é a especie de ameixa xigante máis grande. A cuncha da maior das
ameixas chega a medir ata 1,40 m e pesa ata 250 kg cando chega a adulta. A especie
alcanza a madurez sexual aos 9-10 anos.
A cuncha rodea case a totalidade do corpo. Esta dóbrase en dous valvas desde o estado
larvario, e as dúas metades mantéñense unidas por un ligamento coa axuda de 2 a 5
dentes.
A ameixa xigante convive en simbiose con algas unicelulares que viven dentro das células dándolle cor á mesma. A ameixa ofrece acubillo ás algas e a cambio toma parte do alimento que estas producen.
O seu modo de alimentación é microfiltrador. A corrente de auga condúcese a través das branquias polo sifón de saída e próximo a el polo sifón de entrada ao mesmo tempo que a comida dunha talla máxima de 25 micrones é filtrada e absorbida. Se se absorben partículas maiores son eliminadas polo animal.
As ameixas Tridacna existen desde fai 200 millóns de anos e están adaptadas perfectamente ao seu medio ambiente. A súa zona de distribución esténdese desde Tailandia, Xapón ata Australia e Nova Caledonia. Debido á súa recolección excesiva, ao fenómeno do Neno, e á polución do seu medio estes animais están, en efecto, ameazados de extinción. Están polo tanto protexidos pola convención de Washington.
Os músculos que manteñen pechado o animal son especialmente apreciados en Asia, posto que pensan que teñen certas propiedades interesantes para o medicamento tradicional nestes países. Con todo grazas ás granxas que crían tridacnas tanto para o 5mercado acuariófilo, como para o medicamento tradicional e para o consumo humano, estanse reducindo os riscos de extinción deste xénero.
Encarna Lago (Xerente Rede Museística Provincial)

















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



