Nota de prensa
FERNANDO SUÁREZ AGARDA QUE OS RIBADENSES QUEDEN SATISFEITOS CO RESULTADO DAS OBRAS QUE ESTES DÍAS SE ACOMETEN NA VILA. HOXE AS MÁQUINAS TRABALLAN NA CONSTRUCCIÓN DE VARIOS PASOS ELEVADOS.
Ribadeo, 22 de febreiro de 2011. O alcalde, Fernando Suárez, agarda que os ribadenses queden satisfeitos co resultado das obras que estes días se acometen na vila. Hoxe as máquinas traballan na construcción da varios pasos elevados na travesía de Ribadeo.
Suárez Barcia dixo que “continuando con estas obras que van moi ben e moi rápido como a da rotonda, que xa na tarde de onte quedou aberta ao tráfico aínda que dentro duns días haberá que voltar a pechala para realizar as tarefas de pintado, no día de hoxe estamos a facer varios pasos elevados na travesía de Ribadeo. Nalgún caso os pasos de cebra seguirán a estar no mesmo sitio, pero en forma de paso elevado, o que se chama habitualmente lombo de burra, e logo algunhas bandas rugosas, que había como por exemplo na confluencia coa rúa Vilalba, tamén pasarán a ser paso elevado”.
O rexedor engadiu que “aproveitando que as máquinas están aquí en Ribadeo imos facer algo que a xente nos demandaba desde hai moito tempo, na zona de Entreparques nas inmediacións do parque de San Francisco imos facer tamén un paso elevado no paso de cebra que hai alí, era moi perigoso dado que hai moitos nenos na zona polas tardes e fáise necesario que os vehículos reduzan a súa velocidade cando transiten por ese lugar”
Fernando Suárez sinalou que “todos os pasos quedarán listos ao longo do día de hoxe. Quero pedir disculpas porque estamos restrinxindo o tráfico bastante nestes momentos, pero estou convencido de que nuns días a xente quedará satisfeita cos resultados destes traballos”.
En total a travesía de Ribadeo contará con catro pasos elevados desde a rotonda do Xardín ata o Parador de Turismo (incluido o colocado aí hai xa unhas semanas).





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



