Nota de prensa
O CONCELLO FIRMOU HOXE CON AUGAS DE GALICIA A ACTA DE REPLANTEO PARA INICIAR OS TRABALLOS DE SANEAMENTO DE CERVO
o As obras estarán en marcha en menos de tres semanas e terán un prazo de execución de 12 meses
Cervo, 16 de febreiro de 2011.- No día de hoxe tivo lugar a firma da acta de replanteo dos traballos da nova rede de saneamento do núcleo de Cervo. Así o confirmou esta mañá o alcalde, Alfonso Villares, quen mantivo unha xuntanza no consistorio con técnicos de Augas de Galicia e con representantes da UTE encargada de desenvolver estes traballos.
Segundo indicou Villares, unha vez cumprimentado este trámite administrativo é cando comezarán a correr os 12 meses de prazo de execución no que se adxudicou esta obra e avanzou que os traballos materiais poderían empezar antes de tres semanas.
A reunión, onde tamén estiveron presentes técnicos de Obras do Concello, serviu tamén para establecer os lugares nos que darán comezo os traballos. “Acordamos comezar en dous puntos: Por unha banda, na zona que está entre o parque Isaac Díaz Pardo-Luís Seoane e a Igrexa parroquial. Alí se colocarán tubaxes dunha sección importante para recoller as augas pluviais que tantos problemas de inundacións nos causaron o inverno pasado nesa zona. E por outra, actuarase tamén no contorno da Praza do Souto, outro lugar moi sensible tamén ás inundacións nos últimos anos” indicou o alcalde. Ao fío disto Villares adiantou que o Concello aproveitará os traballos na zona do Souto para renovar as canalizacións da rede de subministro de auga.
Mantemento da EDAR durante dous anos
O rexedor cervense dixo tamén que durante a xuntanza os representantes de Augas de Galicia lle confirmaron que unha vez rematen os traballos o ente público dependente da consellería de Medio Ambiente farase cargo do mantemento da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Cervo por un período de dous anos, “unha boa nova que vai repercutir no peto do conxunto dos cervenses, porque será un diñeiro que se aforrará das arcas municipais durante ese período de tempo” indicou.
Proxecto pioneiro na provincia
A construción desta nova infraestrutura ten un orzamento de 1,2 millóns de euros financiados ao 100% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. As obras teñen un prazo previsto de execución de 12 meses.
O proxecto abrangue distintas actuacións co fin de resolver as carencias da rede de saneamento dos núcleos de Cervo e Figueirido. Nel se inclúe a eliminación de verteduras de augas residuais sen depurar ao río Xunco e se contempla a colocación de colectores e renovación da rede actual nestes dous núcleos. Así mesmo, o proxecto inclúe tamén construción dunha innovadora estación depuradora con capacidade para dar servizo a máis de 1.500 habitantes baseada nas propiedades das plantas acuáticas para o tratamento das augas residuais.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



