Nota de prensa
A Sombriza amosa a súa adhesión ao nomeamento de D. Isaac Díaz Pardo como fillo adoptivo de Cervo
A través do presente escrito quixéramos adherirnos ao xusto e máis que merecido recoñecemento do pobo de Cervo, do conxunto das veciñas e veciños deste concello, a un persoeiro imprescindible dentro da nosa historia, que entregou a súa vida, suor, tenacidade e talento, que achegou o inxente capital cultural e humano do que é portador para, entre outras moitas cosas, recuperar o mellor do noso pasado e convertelo en presente e futuro.
Certo é que debuxar a imaxe de D Isaac desde as terras de Cervo implica de seguido imaxinar a Cerámica de Sargadelos, esa xenialidade que nace dos folgos do proxecto industrial de Raimundo Ibáñez e que con tanto acerto soubo recuperar o homenaxeado en compañía de Luís Seoane. Pero o legado de D. Isaac é moito máis grande se cabe dicilo, froito do espírito inquieto dun persoeiro que respira cultura. Na nosa terra, que a partir de hoxe tamén será súa por merecida adopción, tivemos a honra de ser protagonistas destacados do espírito inquieto deste intelectual, deste artista con maiúsculas.
Por ser o mellor exemplo dunha vida dedicada a un compromiso chamado Galicia. Por ser o mellor exemplo do que debe significar un fillo adoptivo ao que Cervo sempre lle deberá moito máis polo incalculable valor do que del temos recibido e recibiremos. Pola admiración que en toda a veciñanza, entidades culturais e institucións esperta a figura de D. Isaac, por unha vida que representa un revulsivo nestes tempos que precisan máis que nunca de novas ilusións, A Sombriza tamén quere formar parte desta máis que xusta homenaxe a un home extraordinario: D Isaac Díaz Pardo.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



