Nota de prensa
MAÑÁ VENRES ÁS NOVE DA NOITE NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO TERÁ LUGAR O ACTO DE INAUGURACIÓN DA RADIO MUNICIPAL DE BURELA, SEGUNDO VEN DE ANUNCIAR NEVES CANDO. RADIO BURELA EMITE EN PROBAS NO 107,7 DO DIAL.
Burela, 17 de febreiro de 2011. Mañá venres ás nove da noite no salón de plenos do Concello terá lugar o acto de inauguración da radio municipal de Burela, segundo anunciou hoxe a tenente de alcalde, Neves Cando.
A edil nacionalista subliñou que “este venres 18 de febreiro ás nove da noite no salón de plenos do Concello faremos a inauguración oficial da radio municipal, Radio Burela. Este proxecto, que naceu hai tempo, botou a andar oficialmente en abril do ano pasado cando aprobamos en pleno a creación desta radio e o seu regulamento de funcionamento. Despois creóuse o consello asesor da radio, que é órgano que propón o avance da programación que se vai emitir, aínda que o control da emisora e a aprobación definitiva corre por cargo do pleno da Corporación Municipal”.
Neves Cando lembrou que “este consello asesor constituíse en novembro do ano pasado despois de reunirnos coas asociacións e cos colectivos de Burela e decidíronse a participar neste proxecto ilusionante a asociación de veciños das Casas Baratas, o clube deportivo Burela FS, o clube Baloncesto Burela, o colectivo cultural Burela, a asociación Pasada das Cabras e a asociación Tabanka. De todos modos moitos outros colectivos e asociacións brindáronse para colaborar nas actividades da radio municipal”. E engadiu que “este consello asesor xa constituido aprobou por unanimidade un avance de programación, que despois foi aprobada definitivamente polo pleno da Corporación e que consistirá nun adianto informativo con previsión da axenda diaria de 8:50 a 9:00 horas, un magazine de actualidade local e comarcal e un espazo informativo de 11 da mañá a 14 horas e unha programación variada e aberta á cultura, ás asociacións e colectivos, á xuventude, á música e ao debate, unha programación aberta á xente que se desenvolverá de 16 a 18 horas. O resto das horas do día será unha emisión en rede coa programación das emisoras municipais galegas, que estamos todas conectadas. E todo isto no punto da frecuencia 107,7 que xa está a emitir en probas”.
A tenente de alcalde explicou que “toda esta actividade da radio municipal desenvolveráse unhas instalacións acondicionadas na Casa da Xuventude. E este venres faremos o acto de inauguración oficial, convidamos a todos os veciños e veciñas de Burela para que acudan a esta cita”.




















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



