Nota de prensa
Mostran Expoñen patrimonio documental de O Vicedo na igrexa parroquial de San Estevo
Nota de prensa
EXPOSICiÓN SOBRE O PATRIMONIO DOCUMENTAL DO VICEDO
A Igrexa de Santo Estevo do Vicedo acollerá ás seis da tarde do próximo sábado, día 12 de febreiro, o acto de inauguración da exposición “Palabras para o Recordo”, que recolle unha mostra de 16 fotografías de patrimonio documental existente en tres das parroquias do termo municipal: Cabanas, San Román do Val e a do propio núcleo do Vicedo.
A mostra, organizada pola Comisión Parroquial de Santo Estevo, é o resultado da recompilación de escritos directa ou indirectamente relacionados co Vicedo realizada no pasado mes de novembro pola profesora Aida López Vale, seguindo a metodoloxía do “Modelo Burela de Planificación Lingüística”. Xunto ás fotografías, a coordinadora introduce información sobre as diferentes parroquias e sobre as persoas directamente implicadas no patrimonio recollido. Aida López reuniu información sobre 15 familias de todos os sectores sociais (mariñeiros, agricultores, empresarios, funcionariado, etc).
No acto do próximo sábado está previsto que interveñan representantes das familias que colaboraron na recompilación documental. Estarán acompañados polas autoridades municipais, o párroco de Santo Estevo, un portavoz da Comisión Parroquial e pola propia Aida López Vale, impulsora da investigación.
MÁIS INFORMACIÓN
Manuel Salgueiro: 627 75 00 45 (Comisión Parroquial)
Aida López: 670 51 96 33 (Autora da investigación)
OUTRAS REFERENCIAS
1) Revista de Caamouco (Ares): http://www.caamouco.net/portal/novas-caanet/878-atopados-poemas-ineditos-de-guillermo-carballo
2) Galicia Hoxe:
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/marineiros-de-versos/idEdicion-2011-01-20/idNoticia-631658/
3) LA Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2011/01/14/0003_8963695.htm
4) El Progreso: http://elprogreso.galiciae.com/nova/74671.html
5) Crónica3.com: https://www.cronica3.com/2011/01/o-estudo-da-situacion-linguistica-no-vicedo-deu-como-resultado-o-achado-de-duas-obras-literarias-ineditas/




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



