Nota de prensa
O BNG de Foz acusa ao alcalde de gastar 264.618 € en 2010 sen ter asignación orzamentaria
Os informes de intervención volven a constatar que “o alcalde vulnera a lei nas contratacións que fai o Concello”
Basanta esixirá no Pleno que se depuren as responsabilidades administrativas ou penais destas actuacións á marxe da lei
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
Foz a 24 de febreiro de 2011.- O BNG de Foz volve a criticar a nefasta xestión municipal do goberno municipal na que o alcalde e o grupo de goberno gasta máis do que o Concello pode e do que eles mesmos tiñan orzamentado no 2010. O alcalde presenta para este pleno un novo Recoñecemento Extraxudicial de Crédito por importe de 288.883,22 correspondentes a gastos de exercicios anteriores pero onde a maioría deles (264.618 €) están realizados sen a conseguinte asignación orzamentaria, vulnerando como ten feito noutras ocasións o disposto no artigo 173.5 do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais onde di claramente que “non poderán adquirirse compromisos de gastos por contía superior ao importe dos créditos autorizados nos estados de gastos, sendo nulos de pleno dereito os acordos, resolucións e actos administrativos que infrinxan a expresada norma, sen prexuízo das responsabilidade a que haxa lugar”.
Non é a primeira vez que o alcalde adquire compromisos de gasto sen ter cartos nas correspondentes partidas orzamentarias e o BNG xa o ten advertido de que existe pola súa parte unha grave actuación irresponsable ao non controlar o gasto e estar saqueando as arcas municipais. Ademais isto faise co agravante de que moitas das facturas que forman o mencionado recoñecemento extraxudicial non cumpren cos requisitos legais establecidos nin seguen os procedementos administrativos que a lei dictamina, situación que tampouco é nada novo con este grupo de goberno. Así mesmo, non se segue a orde de prelación de pagos legal polo que o alcalde págalle a quen quer e cando quer, como ten advertido os servizos de Intervención en numerosas ocasións.
Dentro destas irregularidades as máis graves son as que teñen que ver coas contratacións de servizos, vulnerando os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade (o que comunmente se coñece por “contratación a dedo”). Neste caso chama a atención as contratacións de orquestras nas Festas de San Lourenzo de 2010, contratacións que levou unha empresa intermediaria cun fraccionamento recollido en diversas facturas que totalizaban 38.232 euros cando por lei non podía facturar por máis de 18.000 euros ao ser adxudicación directa e eludindo así os requisitos de publicidade ou os relativos ao procedemento de adxudicación que correspondía (a través dun concurso público ou no peor dos casos cun procedemento negociado sen publicidade). E chama a atención porque en numerosas ocasións o alcalde ten presumido de que os sistemas de contratación do actual grupo de goberno eran impecables.
O BNG volve a reiterar a total desaprobación á política de gasto do actual alcalde e do seu grupo de goberno e o desacato continuado da lei tanto na aprobación de gastos como nas contratacións. Basanta acusa ao actual alcalde de “estar arruinando ao Concello con fins exclusivamente electorais e sen ter en conta que os cartos que el malgasta son de todos os veciños” e solicítalle “que avale el co seu patrimonio o crédito bancario que pediu aos bancos para pagar as débedas do Concello se ao final non hai cartos”.
Ao mesmo tempo que o Grupo Municipal do BNG demandará por enésima vez un maior control do gasto nas distintas áreas do goberno municipal, esixirá no Pleno que se depure a posible responsabilidade patrimonial do alcalde e do grupo de goberno nas súas actuacións en materia de contratación administrativa segundo determina a lei. Porque non é de recibo que paguemos todos a irresponsabilidade duns poucos que malgobernan os nosos cartos. Basanta declara que “se é responsabilidade duns poucos gastar por riba das posibilidades que ten o Concello, deben ser eles quen paguen e non todos os cidadáns”.


















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



