Nota de prensa
Abriu o acto Iago Fernández Pena, sendo o mais novo da lista e destancando “ queremos vivir e traballar aqui” , con so 20 anos presentando a candidatura formada por :
1. Jose Luís Garcia Rubal
2. Pedro Paz González
3. Edmundo Maseda Maseda
4. María Pilar Vázquez Hermida
5. Iago Fernández Pena
6. Ana Belén Rega Rodríguez
7. Ramón Santiso López
8. Alejandro Teijeiro Barreira
9. Miguel Ares Cora
10. Ramón Cao López
11. Marcos Pico Expósito
Reservas
1. Roberto Prieto Ferreiro
2. Irene Moreno Orol
3. Daniel Campos Longarela
Na intervención do Candidato fixo un repaso da lexislatura que esta a piques de rematar, subliñando que o equipo de goberno actual ten a dubidosa honra de deixar tódolos temas de gran importancia igual ou peor que o principio da lexislatura; PXOUM , Parque Industrial, Cemiterio Municipal etc.
Destacou tamén a necesidade de cambiar o xeito de Gobernar para que Valadouro non perda o tren e se incorpore a época na que estamos e lle pertence estar.
Repasou tamen os grandes retos pendientes, comprometeu o seu esforzo persoal asi como o de todolos compañeiros e veciños para ser a candidatura que lidere o novo goberno municipal que ten que sair das urnas o vindeiro 22-M.
Poñendo o remate a 24 anos de Gobernos conservadores que aloxaron o Valadouro dos Concellos desenrolados. Non poden liderar os novos retos nin os novos tempos quenes como o candidato do partido popular levan formando parte desta desfita 12 anos.
Ten que ser outra xente con outras ideas con outras ganas, quenes encaremos o futuro do noso concello.
————————–
Perfil do Candidato.
————————–
Chámome Jose Luis Garcial Rubal, nacin o 22-9-1964 levo no partido 26 anos fun cocelleiro nunha primeira etapa 3 lexislaturas, desde o 87 ata o 99, e son actualmente o portavoz do grupo municipal nesta actual lexislatura.
Secretario Xeral da agrupación local, membro da executiva provincial Galega, membro do comité nacional e Coordinador Comarcal.
Estou Casado e teño 2 fillos.
E a primeira vez que me presento como cabeza de lista.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



