Nota de prensa
A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CERTIFICA A ALTA CALIDADE DO COMPOST OBTIDO NA MARIÑA LUCENSE
* Os resultados do programa de compostaxe doméstica materializado nos concellos de Alfoz, Barreiros, Trabada, Lourenzá e Cervo foron dados a coñecer nun acto celebrado na sede da Delegación da Xunta en Lugo, contando coa asistencia da propia Delegada, Raquel Arias, o presidente de Sogama, Luis Lamas, e os rexedores dos municipios referenciados.
* Un estudo realizado polo grupo GI 1649: Xestión de residuos orgánicos, fertilización e ecoloxía agraria, adscrito ao IBADER, revela que o compost obtido reúne todos os requisitos de calidade contemplados na normativa vixente, sendo incluído na clase A.
* Tras un ano de traballo, os 200 fogares lucenses que participaron nesta experiencia ven así recompensados os seus esforzos, coa satisfacción de ter fabricado un compost con excelentes propiedades para o solo.
* Tarefas de divulgación, selección de vivendas, cursos de formación, distribución de medios materiais, seguimento “porta a porta” e análise final do abono resultante, constitúen, entre outras, as actuacións contempladas nesta iniciativa e que propiciaron o éxito dun proxecto que garante a consecución de importantes beneficios ambientais, económicos e sociais.
* De feito, os datos obtidos avalan unha iniciativa que marca o camiño a seguir por outras localidades de características similares.
Lugo, a 4 de marzo de 2011. – O compost obtido nos cinco concellos da Mariña lucense que, dende hai un ano, participan nun programa de compostaxe doméstica coordinado por Sogama, contando coa asistencia técnica da firma lucense Ingesyma, cumpre con todos os requisitos de calidade para ser aplicado no solo con absolutas garantías. Así o certifica a análise realizada polo grupo GI 1649: Xestión de residuos orgánicos, fertilización e ecoloxía agraria, adscrito ao IBADER, Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural da Universidade de Santiago de Compostela.
Estes e outros datos foron dados a coñecer hoxe nun acto celebrado na sede da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, contando coa presenza da propia Delegada, Raquel Arias, o presidente de Sogama, Luis Lamas, e os rexedores dos concellos participantes nesta experiencia (Alfoz, Trabada, Lourenzá, Barreiros e Cervo). O alcalde de Barreiros, José Alfonso Fuente Parga, quen actuou como voceiro dos entes locais, apelou á “responsabilidade compartida” como a máxima que debe guiar o proceso de xestión de lixo, precisando que “os gobernos locais debemos ser capaces de explicar por que é importante a colaboración individual e colectiva da veciñanza, en qué se traduce e qué recompensas ten”.
Pola súa banda, Raquel Arias manifestou que “estamos ante o exemplo dunha estratexia consecuente co medio ambiente e economicamente eficiente para aplicar nunha tesitura como a actual, na que se esixen solucións para optimizar os recursos existentes”, ao que engadiu que “na concienciación dos cidadáns radica boa parte da mellora do aproveitamento das posibilidades do noso contorno próximo”.
O máximo responsable de Sogama quixo felicitar aos concellos polo “magnífico labor levado a cabo, erixíndose en exemplo a seguir por outras localidades de características similares”. Así mesmo, precisou que esta iniciativa “sintoniza plenamente co novo Plan Autonómico de Xestión de Residuos Urbanos 2010-2020”, onde a redución, nun 10 por cento, da produción de lixo, e o incremento, ata un 30 por cento, da reutilización e a reciclaxe, constitúen dous dos seus principais obxectivos.
COMPOST DE CALIDADE
O estudo do compost resultante estendeuse a un total de 20 mostras representativas de cada municipio. O traballo realizado contemplou a análise de cada un dos parámetros recollidos no Real Decreto 842/2005, isto é, pH, humidade, materia orgánica, densidade, granulometría, nutrientes, metais pesados e relación carbono/nitróxeno, de grande importancia este último, xa que ambos os dous elementos constitúen o principal criterio utilizado para determinar o grao de madurez e definir a calidade agronómica do compost. De feito, corroborouse un bo grao de madurez, toda vez que a media da relación carbono/nitróxeno se sitúa en 12,9, inferior ao límite superior, establecido en 20.
Así mesmo, cabe destacar os baixos niveis de metais pesados, extremo que vén a confirmar a excelente separación en orixe, catalogando o compost resultante como clase A, posto que todos os valores se atopan por debaixo dos límites legais. Isto quere dicir que non presenta restricións de uso e que mesmo podería ser aplicado directamente aos cultivos sen necesidade de mesturalo previamente con outros materiais.
O FROITO DUN ANO DE TRABALLO
A sinatura dun convenio de colaboración, en febreiro de 2010, entre os entes locais e Sogama, marcaba o pistoletazo de saída á instauración dun programa de autocompostaxe na que se albergaron grandes expectativas, pois, de resultar exitoso, abría a porta a interesantes beneficios ambientais, económicos e sociais.
Tras o pertinente estudo de viabilidade, que permitiu delimitar as zonas rurais máis favorables para implantar unha experiencia destas características, comezou a fase de divulgación para captar o interese da poboación. Unha vez seleccionados os 200 fogares que participarían finalmente (41 en Alfoz, 50 en Barreiros, 30 en Cervo, outros 30 en Lourenzá e 49 en Trabada), levaronse a cabo cursos de formación dirixidos ás familias e centros educativos dos distintos municipios, procedendo á edición de material didáctico específico.
Xa co composteiro na casa, as familias poñíanse “mans á obra” baixo o asesoramento dos denominados “mestres composteiros”, técnicos municipais de absoluta confianza para a veciñanza, previamente formados na materia e encargados de realizar un seguimento “porta a porta”, resolvendo dúbidas e comprobando a evolución do proxecto a nivel práctico, un labor clave para a progresiva avaliación do mesmo.
BENEFICIOS E SATISFACCIÓN VECIÑAL
Tendo en conta que a materia orgánica representa aproximadamente o 50 por cento da composición global do lixo, a súa reciclaxe na propia vivenda, ademais de implicar un importante beneficio ambiental, achega tamén vantaxes económicas, permitindo aos concellos reducir a frecuencia de recollida dos colectores convencionais e diminuír en boa medida a factura que deben pagar a Sogama. Así mesmo, e dada a grande dispersión da poboación, habería que sinalar os beneficios sociais, pois co tratamento dos restos orgánicos in situ evítanse os continuos desprazamentos da cidadanía aos colectores convencionais, polo xeral moi distanciados entre si.
A satisfacción co proxecto por parte da veciñanza foi total, e o nivel de dificultade, mínima, toda vez que simplemente se trata de adoptar unha práctica tradicional en Galicia como é a separación da fracción orgánica para alimento do gando e elaboración de abono. Neste caso concreto, son os propios habitantes os que pechan o ciclo de recuperación do residuo, contribuíndo en boa medida a mellorar a xestión do lixo domiciliario no seu conxunto.
—————–




















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



