Nota de prensa:
Lara Méndez insta ó PP “a traballar con tantas ganas como as de saír na foto”
-A Vicepresidenta Segunda lamenta que os populares se manifesten por non saír na foto “cando nunca o fixeran con anterioridade para que a Mariña tivera parques de bombeiros”
– Méndez despexou calquera dúbida sobre o protocolo do Consorcio e engadiu que “foi un acto de acceso libre para calquera veciño que quixese estar presente. Estiveron invitados e presentes o Alcalde de Barrerios e a Delegada da Xunta, ambos os dous do PP”
A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, sinala que “dende o Consorcio de Bombeiros non se vetou a ninguén para acudir á presentación do parque de bombeiros que puxemos en marcha en Barreiros. Quero instar ós alcaldes e representantes do Partido Popular a traballar con tantas ganas como as que teñen de saír nas fotos. É lamentable que non se manifestasen con anterioridade para que a Mariña non tivera que esperar décadas por este servizo. Tivo que ser o socialista José Ramón Gómez Besteiro, Presidente da Deputación de Lugo, xunto co tamén socialista, Emilio Pérez Touriño, -anterior Presidente da Xunta de Galicia-, os que se encargaran de desbloquear a situación dos parques de bombeiros en Galicia e, en concreto, na Mariña”.
Méndez sinala que “dende o organismo provincial non se vetou a ninguén para acudir á inauguración do novo parque de bombeiros que puxemos en marcha. É unha lástima que alcaldes e representantes do Partido Popular se manifesten por un acto protocolario e que non o fixeran con anterioridade para que a Mariña non tivera que esperar décadas por este servizo. Tivo que ser o socialista José Ramón Gómez Besteiro, Presidente da Deputación de Lugo, xunto co socialista, Emilio Pérez Touriño, anterior Presidente da Xunta de Galicia, os que se encargaran de desbloquear a situación dos parques de bombeiros en Galicia e, en concreto, na Mariña”.
Asimesmo, a Vicepresidenta lembra que “as únicas instalacións que o Partido Popular empezara a facer para solucionar a ausencia de bombeiros na nosa comarca foi un recinto sen auga, sen luz e inaccesible pola maleza. Ben pouco ten que facer esta xente, que se preocupa máis de saír na foto que de traballar e esforzarse para solucionar os problemas dos veciños da Mariña”
Da mesma forma, Lara Médez engade que “para despexar calquera dúbida sobre o protocolo do acto, que o PP está a poñer en tela de xuízo, debo dicir que foron invitados e estaban presentes tanto o alcalde de Barreiros como a delegada da Xunta na provincia, o que non exclúe que fose un acto de acceso libre para calquera veciño que desexase estar alí no momento da inauguración”.