Nota de prensa
“ O BNG DENUNCIA A CHAPUZA QUE ESTÁN A FACER XUNTA E DEPUTACIÓN COAS PISTAS EN ALFOZ”
A Xunta de Galicia e a Diputación provincial de Lugo están a facer unha gran chapuza co asfaltado das pistas e carreteras da concentración parcelaria de Alfoz.
“Dende ambas institucións están a levar unha conducta de nenos caprichosos e os seus representantes en Alfoz, do pp e psoe, en lugar de defender os intereses dos veciños xustifican esta mala forma de proceder que prexudica unicamente os veciños de Alfoz”.
Dende as dúas institucións están mostrando unha falta de colaboración total en obras que atenden a ambos organismos o cal repercute moi negativamente sobre os intereses dos veciños de Alfoz.
Alfoz está en proceso de concentración parcelaria, realizáronse moitas pistas e novos camiños, e igualmente aproveitouse para realizar melloras en estradas competencia da deputación provincial de Lugo.
Ahora ante a cercanía das municipais, denuncias do Bng, presión social por parte dos veciños, tras máis de dous anos con estradas e camiños nun estado intransitable, a xunta e deputación pasan a culparse uns a outros da situación en lugar de asumir responsabilidades, e igual fai o pp e psoe de Alfoz, en lugar de defender os intereses de Alfoz peléanse por xustificar a mala conducta dos dirixentes dos seus respectivos partidos.
Resultado diso e que ambos organismos intentan darlle unha solución de forma unilateral a situación que se está a sufrir en Alfoz, cada un está procedendo a asfaltar os tramos de estradas que son da súa competencia sin atender a situación real que se creou ó facer novas pistas, ou novos tramos para algunhas xa existentes.
Consecuencia diso atopámonos coa gran chapuza, estradas que nun tramo de 300 metros, 100 son de aglomerado en quente, 100 asfalto con gravilla e 100 de zahorra, unha situación totalmente surrealista.Tal e como se pode ver na foto, entre dous tramos da diputación nun cruce, deixan sin asfaltar o cruce que queda co chan de terra.
Están asfaltado estradas e pistas a tramos según o mesmo sexa competencia de cada quen, tamén podemos atopar estradas que comezan co asfaltado en quente, continúan de terra e siguen con asfaltado con gravilla.
Feitos que poden provocar tamén situacións de risco na circulación, debido a que coches que circulan con seguridade por estradas con asfalto en quente se atopen de súpeto con anacos de estrada de asfalto con gravilla solta e sin señalizar.
“Dende o Bng de Alfoz apelo ó sentido común de ambos organismos para que se comuniquen entre eles e o usen para darlle unha solución ó problema”