Nota de prensa:
O Alcalde do Concello de Foz manifesta que é posible que o Sr. Pedro Fernández Manín me teña que dar leccións de Economía. Este home foi un importante xestor de banca e entendo que ten que saber moito máis que eu disto, aínda que por terras de Viveiro non opinan o mesmo. Pero o que si lle teño que dicir é que, me parece que o que hai que facer é respectar ás persoas, tanto el como o candidato, e deixar xa os temas persoais aparte. Aínda que o candidato do PP critique o noso Goberno, teríamos que dicirlle que o modelo elixido por vostede, e que dirixe ese señor de San Martiño, que deixou o Concello en bancarrota no ano 1995, que provocou que nin sequera nos daban combustible na gasolinera para o día a día da nosa brigada de obras, non é o mellor exemplo, nin tampouco o colega que sae nas fotos. Vostede Sr. Javier Jorge é rehén dos seus mentores, cabaleiros que é mellor esquecer polas fechorías que levan feito e, por iso, debe de falar de propostas e deixar o tema persoal aparte.
Miren a José Maria García Rivera, ninguén o manipula, ten a súa personalidade propia, pero a vostede van a marcarlle o camiño do que pode facer e non pode facer, iso queda claro.
Respecto a non recoñecer o que se debe legalmente aos proveedores, alá vostedes. Este mes irán a pleno as reclamacións por escrito dos empresarios. Vostede voten o que queiran, logo xa será a xustiza quen esixa responsabilidades. Este Goberno é serio e ten un rumbo firme e prometeu que a nave chegaría a bo porto e así será, dunha maneira tranquila.
Abastecemento de auga
O Concello de Foz, pouco a pouco vaise facendo cos terreos necesarios para que, dunha vez por todas, o proxecto de Abastecemento de auga a Foz e a construción de dous depósitos sexan unha realidade.
O Alcalde explica que, en principio, íase a ampliar o depósito existente e construír un novo, pero os técnicos chegaron á conclusión de que o mellor era facer dous depósitos novos. Trasladada a proposta á Alcaldía, o responsable municipal púxose as pilas e o Concello fíxose cunha finca de aluguer por 6 anos nese lugar chamado “LOMBO DE BREA”, Polígono 20 Parcela.107. A finca ten unha extensión de 2.467 m2 e o prezo fixado e de 210 euros mensuais.
O Alcalde manifesta que seguimos traballando e solucionando problemas que acarrea esta obra. Primeiro tivemos que buscar terreos para subir a tubería nova ata os depósitos, despois solucionar a baixada das mesmas e enviala por viais do Polígono e agora poñer máis terreos para os depósitos, e a maiores poñer máis de 300.000€ para a obra. Despois preguntan en qué gastamos os cartos.
Rivera manifesta que merece a pena traballar por esta obra que é o futuro de Foz en materia de abastecemento e seguridade para os fogares e empresas.
Por último, remitimos autorización do Ministerio de Medio Ambiente para verter a area procedente do dragado da ría nas proximidades da praia de Arealonga, en Nois.























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



