Nota de prensa
NN.XX e implicados no sector estudan a decadencia do ocio nocturno en Burela e critican a inoperancia do Goberno bipartito
* Na mesa redonda “Conciliación do Ocio nocturno co dereito ao descanso” participaron o copropietario dun local nocturno, unha avogada e un técnico de sonorización
* O acto estivo organizado por Novas Xeracións de Burela e nel apelaron a necesidade de “concienciar na tolerancia e na convivencia”
Burela, 19 de marzo de 2011.- Xóvenes populares analizaron onte en Burela o porqué está descendendo o número de persoas que elixe a cidade como zona de marcha e pidenlle maior involucración ao Goberno local do bipartito para que impoña medidas que axuden a combater a situación que se está dando dende fai tempo. Na mesa redonda celebrada na Antiga Biblioteca de Burela e organizada por Novas Xeracións da cidade; propietarios de locais e técnicos na área intercambiaron as súas opinións sobre a necesidade de levar a cabo iniciativas que permitan a conciliación do ocio nocturno co dereito ao descanso.
No acto, moderado pola presidenta da xunta local, Andrea Gil Santos, participaron o copropietario dun local nocturno, David Álvarez Rodríguez; a avogada, Cecilia González Pita; e o técnico de Audio e Sonorización, Manuel
Expósito. O presidente provincial de Novas Xeracións, Daniel Vega, foi o encargado de clausurar o coloquio, no que tamén estiveron presentes o candidato á alcaldía de Burela polo Partido Popular, José María González Barcia, a senadora, María del Carmen Geimunde, e o secretario xeral de NNXX da provincia, José Antonio Vázquez.
Durante as ponencias púxose de manifesto o marco normativo relativo a área, ademais de informar da ordenanza municipal do 2009 que regula actividades, instalacións ou outro tipo de establecementos que poidan ocasionar ruídos ou molestias. Nas intervención tamén se puxo de entredito que as leis que regulan o impacto acústico que non debe superar os 60 decibelios e impoñen unha serie de limitacións como o específico aislamento ou os horarios de peche para conciliar o dereito ao ocio e ao descando non teñen aplicación en diferentes circunstancias. Así, citouse a incapacidade da normativa actual para regular o comportamento cívico dos fumadores que trala implantación da Lei do Tabaco se ven obrigados a abandonar os locais para fumar ocasionando ruído, así mesmo tamén se resaltou a diferencia na normativa do aislamento en función do edificio, do seu material de construcción e do seu ano de edificación.
Durante o acto apelouse a que a solución a problemática pasa pola “concienciación, a tolerancia e a convivencia”, e tendo en conta que o “dereito a divertise comeza cando acaba o dereito ao descanso”. Para lograr este obxetivo durante algunhas das ponencias pediuselle implicación a administración local a través de programas de concienciación. Así mesmo, para restablecer o ambiente nocturno que existía en Burela, ven a necesidade de que o Concello promova axudas e os locais nocturnos busquen a cooperación entre eles. De igual maneira, dende o ámbito hosteleiro tamén piden que medidas como o noitebús sexa sufragada polas macrodiscotecas xa que o que “están conseguindo e levar a xente fóra”.
Durante a clausura, o presidente provincial, Daniel Vega, referiuse a actos como o celebrado en Burela de “importantes xa que mediante o debate pódense buscar solucións aos problemas para logo transladarllos á cidadanía e nun futuro levalos a práctica”. “É bo que o futuro se poña a falar das problemáticas e iso é o que estamos facendo dende Novas Xeracións”, manifestou en referencia aos actos que a agrupación política leva organizando dende hai meses co obxectivo de analizar a situación dos sectores gandeiro, agrícola, pesqueiro e vitivinícola.
De igual maneira en relación ao problema, Vega incentivou sobre a “necesidade de practicar a educación”, e calificou a xuventude de “ser coherente e saber pasalo ben”. Tamén se manifestou crítico coa “deriva cara a prohibición que
practica o Goberno de Zapatero”, e neste sentido engadiu que “non se pode prohibir todo, todos temos que soportar un pouco e sobre todo temos que pensar que o ocio nocturno xera postos de traballo e dá riqueza a un país cun 44% de paro xuvenil”.


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



