Nota de prensa
XORNADA DAS CATEGORÍAS DE BASE
Liga Nacional Xuvenil
Cidade de Narón FS-Burela FS
Domingo 6 de marzo, ás 12.30 horas, no pavillón da Gándara de Narón
Liga Autonómica Cadete
ED Vigo 2015-Burela FS
Aprazado
Liga Autonómica Infantil
ED EON Burela FS-CP Casás
Domingo 6 de marzo, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Deporte Escolar
ED EON Burela FS Infantil A-ED EON Burela FS Infantil B
Mércores 2 de marzo, ás 18.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
ED EON Burela FS Alevín A-EDM Mondoñedo Alevín
Sábado 5 de marzo, ás 12.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
ED EON Burela FS Alevín B-ED EON Burela FS Infantil Feminino
Sábado 5 de marzo, ás 10.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
A Mariña FS Benxamín-ED EON Burela FS Benxamín A
Sábado 5 de marzo, ás 11.45 horas, no pavillón dos Institutos de Viveiro
ED EON Burela FS Benxamín B-EDM A Pontenova Benxamín
Sábado 5 de marzo, ás 10.50 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
ED EON Burela FS Benxamín C-EDM Mondoñedo Benxamín
Sábado 5 de marzo, ás 11.40 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
