Nota de prensa
González Barcia: “a Consellería do Mar, sensible con EXPOMAR”.
Aporta a celebración da Feira, indica o candidato popular.
Burela, 28 de abril de 2011.- O candidato do PP burelés á alcaldía, José María González Barcia, manifestou hoxe a súa satisfacción porque a Consellería do Mar aporte a través dun convenio vinte mil euros para a celebración de EXPOMAR o presente ano 2011.
González Barcia indicou que en varias reunións mantidas co sector náutico-pesqueiro “percibimos que había unha certa preocupación pola falla de iniciativa da presidencia da Fundación para conseguir fondos para a celebración da Feira este ano 2011”. O presidente da Fundación EXPOMAR é o alcalde de Burela.
Desde o PP burelés, dixo Barcia, manifestamos ante a Consellería do Mar o noso parecer sobre a financiación de EXPOMAR, trasladamos a preocupación existente; en todo momento atopamos unha grande receptividade por parte da Consellería do Mar a estas suxerencias, ainda a pesares de atoparnos metidos de cheo nunha crise económica do calibre da que estamos vivindo. Cremos, asegurou Barcia, que a Consellería soubo estar á altura das circunstancias, de aí que esa implicación directa da Xunta se plasme a través do indicado convenio.
González Barcia afirmou que a Fundación EXPOMAR necesita urxentemente unha revitalización, porque nestes catro anos a xestión levada a cabo pola presidencia da mesma foi nula, e só se usou á Fundación para que figurara como editora de revistas, co descoñecemento do seu patronato, que só serven para despilfarrar cartos e tentar facerlle a campaña ó PSOE.
PP de Burela.