Nota de prensa
PRESENTADO EN BURELA O CORRELINGUA 2011
Representantes dos equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino de Burela, IES Perdouro e Monte Castelo; o alcalde, Alfredo Llano, e a primeira tenente de alcalde, Neves Cando; a representante da CIG-Ensino, Leticia Maseda Fernández; e a coordenadora do Correlingua na Mariña, Dores Fernández Abel, presentaron esta tarde os actos do CORRELINGUA 2011.
Este ano Burela acolle outra vez o Correlingua, carreira simbólica en defensa da lingua galega. Por iso, a organización pretende tamén dar a coñecer esta vila entre o alumnado da comarca, para o que se conta coa colaboración do Concello de Burela.
Entre 1200 e 1500 participantes, de todos os centros de secundaria e un elevado número de centros de infantil e primaria, percorrerán o día 6 deste mes as rúas de Burela reivindicando o idioma galego, e gozarán dun festival na praza do Concello amenizado polo mago Martín Camiña e o grupo musical Som do Galpón. Tamén participarán do espectáculo alumnos e alumnas dos centros no concurso de galeoke.
CORRELINGUA é a denominación que adoptaron de maneira común a partir de 2001 as diversas carreiras en prol do idioma que se convocaron no país.
É unha proposta de carácter lúdico, educativo, e reivindicativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito de medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. Na Mariña, o Correlingua celébrase cada ano nun concello ou localidade distinto, pois preténdese tamén que o alumnado coñeza outros lugares da comarca.
O Correlingua está organizado pola Mesa Pola Normalización Lingüística, CIG-Ensino, Asociación Socio-Pedagóxica Galega e os concellos de Lugo, Santiago, Vigo e Pontevedra; colaboran as deputacións de Lugo, A Coruña e Ourense, e o concello de Santiago. Ademais, na comarca da Mariña, o concello de Burela.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



