Nota de prensa
A Deputación estende este ano as actividades lúdico medioambientais de Lugoteando á Montaña e á Costa
– O Concello de Lugo volve colaborar na 2ª edición do programa que potencia o río no que, ás actividades da pasada tempada – wakeboard, paddle surf, bolas acuáticas e xogos-, súmanse novidades: kite surf, monopatín eléctrico e paseo en batuxo
– Besteiro e Orozco presentaron este xoves no complexo dos Robles a iniciativa que volve incluír a modalidade Ligoteando pero con tres novas versións: Paseos Chill Out e Noites Máxicas –ámbalas dúas en catamarán- e Paseos Románticos en batuxo
– Presidente e Alcalde avanzan que a Xunta de Goberno provincial da próxima semana adxudicará obras por valor de 360 mil euros para que este verán esté en funcionamento a praia fluvial, proxecto á espera da declaración de zona de baño por parte do Goberno galego
A gran acollida que tivo o pasado ano o programa lúdico medioambiental Lugoteando levou á Deputación a repetir neste 2011 a orixinal iniciativa que potencia o río, ampliando o número de actividades e as localizacións nas que se levarán a cabo. Ademais do Miño ó seu paso pola capital, esténdese á Montaña e á Mariña. O Concello de Lugo volve colaborar na 2ª edición que presentaron este xoves na área recreativa dos Robles o Presidente Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde lucense, José López Orozco.
Ambos os dous destacaron que “este innovador programa de ocio ecolóxico responde ó Plan Director do Río que puxemos en marcha, ó igual que o traslado e ampliación da UNED no antigo hotel Miño, a nova ponte sobre o río Miño, a construción da pasarela peonil xunto ó Club Fluvial ou as próximas expropiacións fronte a Arias Nadela para completar o Paseo do Miño” porque, coincidiron, “a posta en valor do río significa máis ingresos para a cidade e máis turismo”. Ó respecto do Plan Director, avanzaron que na Xunta de Goberno provincial da vindeira semana adxudicaranse as primeiras obras: a construción de pantaláns para a zona de baño no río Miño por valor de 177.000 euros, ademais da creación do parque infantil cuberto na zona do recinto feiral dotado de 182.182 euros. Orozco destacou que, á espera de lograr a declaración de zona de baño por parte da Xunta de Galicia, está previsto que este verán esté en funcionamento a Praia Fluvial.
Actividades
As actividades, entre o 7 de maio e 26 de xuño, están dirixidas a toda familia e custan 5 euros por persoa para potenciar a participación. Na oferta mantéñense as de maior aceptación o ano pasado: bolas e bananas acuáticas para flotar sobre a auga; os sea-scooter para mergullarse como golfiños; rutas pola ribeira dirixidas por expertos en bioloxía; xogos infantís acuáticos; paddle surf, que tonifica todos os músculos ó remar a bordo de táboas de surf; e wakeboard, combinación entre esquí acuático e snowboard que consiste en manter o equilibrio sobre unha táboa.
A todas elas, incorpóranse novidades como a práctica de kite surf, unha variante espectacular deste deporte que non deixa de gañar adeptos na provincia e que incorpora cometas; paseos en batuxo –antigas barcas de madeira hoxe moi difíciles de ver- e circuítos por terra en monopatíns eléctricos.
Esta serie de propostas desenvolveranse en Lugo e nas praias mariñanas, mentres que para A Montaña organizáronse algunhas diferentes, mantendo os paseos en patíns eléctricos pero incorpóranse xogos en piscinas e con cometas, entre outros.
Datas por localizacións
As actividades arrincarán na Montaña e procurarán a participación de toda a comarca, o 7 de maio en Fonsagrada e o 8 en Becerreá. Continuarán na capital da provincia os días 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de maio e o 4 e 5 de xuño. Na Costa terán lugar os días 11 e 12 de maio en Foz, 18 e 19 en Burela, e 25 e 26 en Ribadeo. Celebraranse en quendas no horario de 11:00-14:00 horas e de 16:00-19:00.
O programa inclúe de novo a modalidade Ligoteando, que ten como escenario o río Miño, pero esta vez oferta tres novas versións que comezarán ás 20:00 horas:
– Paseos Chill Out: travesía en catamarán amenizada por un Dj con música chill out, pinchos e degustación dun cóctel elaborado con produtos autóctonos da provincia. Días: 13 e 27 de maio, e 4 de xuño. Prezo: 15 euros.
– Noites Máxicas: paseo en catamarán cun espectáculo de ilusionismo e maxia, máis degustación de pinchos. Días: 14 e 21 de maio. 15 euros.
– Paseos Románticos en batuxo: experiencia de 30 minutos nun batuxo tradicional no que a parella gozará dun paseo polo Miño, conducida por un remeiro, e degustará un cóctel de produtos autóctonos. Días: 20 e 28 de maio. Prezo: 10 euros
Como inscribirse
A inscrición en Lugoteando pode facerse desde hoxe nos números de teléfono 982.12.00.64 ou 609.90.32.11 ou ben in situ, antes de que comece cada actividade –o que non asegura que haxa prazas libres-. O pago poderase efectuar previamente na conta bancaria de Banesto: 0030-7060-30-0298064273 co concepto Lugoteando, ou tamén antes de cada actividade. Máis info: www.deputacionlugo.org ou www




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



