Nota de prensa
MÁIS DE 2.300 PERSOAS PASARON POLA OFICINA DE TURISMO DE RIBADEO ESTA SEMANA SANTA. OS DÍAS DE MÁIS AFLUENCIA FORON XOVES E VENRES. MADRID, GALICIA, CASTELA-LEÓN E PAÍS VASCO SON OS LUGARES DE PROCEDENCIA DOS VISITANTES QUE DISFRUTARON DESTAS VACACIÓNS NA VILA.
Ribadeo, 25 de abril de 2011. Máis de 2.300 persoas pasaron pola oficina de turismo de Ribadeo do 15 ao 24 de abril. Os días de máis afluencia, segundo os datos que daba a coñecer esta mañá o alcalde, Fernando Suárez, foron xoves e venres santo.
O rexedor dixo que “á vista deste datos de afluencia de xente aquí a Ribadeo podemos concluir que o concello nesta semana santa foi un fervedoiro de visitantes, que estiveron aquí con nós e delo da boa proba o número de visitas que se rexistraron na oficina de turismo, que superou de lonxe a cifra que acadamos o ano pasado durante o mesmo período. No 2010 foron 1.500 as persoas que acudiron a pedir información á oficina de turismo e xa foi un récord absoluto e neste 2011 esa cifra quedou pulverizada dado que se achegaron en demanda de información durante esta semana santa un total de 2.340 visitantes”.
Suárez Barcia sinalou que “ano a ano Ribadeo está máis que consolidado como destino turístico emerxente dentro do que é a grande oferta turística galega. Desglosando un pouco ese dato podemos ver que o día de maior afluencia foi o 21 de abril con 408 visitantes atendidos na oficina de turismo, seguido do 22 con 382 persoas atendidas nun día. Quero aproveitar para felicitar á profesionalidade da técnica de turismo e das persoas que estiveron atendendo amablamente a todos os turistas que por alí pasaron”.
O alcalde contou que “maiormente o turismo que recibe Ribadeo é un turismo de cercanías, a maioría chegaron de Madrid e doutros puntos da xeografía galega, seguidos dos procedentes de Castela-León e País Vasco e xa a máis distancia atópanse asturianos, cataláns e cántabros. E dentro do que ten que ver co turismo internacional segue liderado por alemáns e franceses, seguidos dos ingleses e tamén nesta ocasión bastantes americanos se achegaron a Ribadeo estes días”.
Congresos
Fernando Suárez felicitou tamén ao sector da hostelería pola súa profesionalidade sistemática e maioritaria, “non rexistramos queixas de ninguén, co cual esta simbiose entre recursos públicos e privados está a funcionar moi ben para que Ribadeo siga a ser un referente turístico a nivel galego. Todo isto danos ánimos para seguir traballando de cara a un reforzamento do turismo en Ribadeo. De feito esta mesma mañá estamos a ter unha xuntanza co sector hoteleiro para que poidamos conxuntamente abrir e ampliar novos nichos de mercado en tempadas baixas, como ista idea de convertir a Ribadeo nun lugar atractivo para a celebración de congresos de diferentes colexios de profesionais, de empresas grandes… de aí que lle pido ao sector dos hoteis que se poñan a tiro no que ten que ver cos prezos para que entre todos poidamos facer unha oferta moi interesante e atractiva que nos singularice con respecto a outros concellos e outras cidades”.
As Catedrais
O alcalde tamén se referiu á praia das Catedrais que “rexistrou unha enorme afluencia de público nos últimos anos e cada ano recibe a máis xente, que vai filmar, sacar fotografías… non é unha falta de previsión do Concello que haxa moita xente, senón todo o contrario. Este goberno foi o único que fixo unha chea de cousas pola praia de As Catedrais, no verán fomentamos unha liña de autobuses, editamos folletos específicos en varias linguas, puxemos informadores e guías turísticos, alugamos prados para aparcamentos provisionais, pero Ribadeo se vai ter que converter nunha cidade estado porque hai determinadas entidades públicas como o goberno do Estado ou a Xunta, que están brilando pola súa ausencia neste destino turístico emerxente que temos en Ribadeo”.
Suárez subliñou que “con todo e a pesares de todo iso Ribadeo loce e reloce pola cantidade de xente que ven, que lle gusta e que é o que nos da ánimo para seguir traballando en mellorar os servizos, para seguir traballando co sector privado, para continuar remozando o casco vello como o estamos a facer con políticas amigables con aqueles que queren rehabilitar e con políticas máis duras cos que non o queren facer, pero creo que o resultado final é que Ribadeo, en boca dun turista co que falei estes días, cambiou e moito para ben”.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



