Nota de prensa
IRENE RICO E LARA DE LA HUERGA SON AS GAÑADORAS DO III CERTAME DO MAR, QUE O ORGANIZOU O CONCELLO DE BURELA. OS PREMIOS SERÁN ENTREGADOS MAÑÁ.
Burela, 19 de abril de 2011. Mañá terá lugar a entrega de premios aos gañadores do III Certame do Mar, que organizou o Concello de Burela. Será ás 12 horas no salón de plenos.
Onte reuníase o tribunal do evento, formado por un profesor do IES Monte Castelo e por outro do IES Perdouro, “co fin de xulgar os traballos dos nenos que participaron neste certame que este ano estivo adicado ás vacacións”, segundo explica a concelleira do Mar, Remedios López.
Os gañadores son: en 5º e 6º de primaria Irene Rico Gómez de 11 anos do CEIP Vista Alegre co traballo Unha viaxe inesperada e en 1º e 2º da ESO Lara de la Huerga Díez de 14 anos do IES Monte Castelo con De Libia a Galicia: historia dun sono. En 3º e 4º da ESO o premio quedou deserto.
A edil de Mar lembra que “todos os nenos teñen un lote de libros por participar, os gañadores do relato recibirán traxes de neopreno para practicar deportes acuáticos no verán e entre todos os asistentes ao acto, que se desenvolverá mañá no Concello, sortearase unha PlayStation 3”. Os premios serán entregados por Remedios López Villar e polo alcalde, Alfredo Llano.






















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



