Fai más dun ano que a Xunta do PP adxudicou a obra de construción dos colectores, dotación dunha instalación de bombeo e posta en marcha da estación depuradora no núcleo urbano de Cervo hoxe en plena execución
o grupo socialista “fai o ridículo” tras reclamar en sede parlamentaria o inicio das obras de saneamento de cervo que LEVAN MESES en plena execución
Balseiro Orol, que pediu a retirada da iniciativa socialista por improcedente, salientou que con ela o PSOE dá boa mostra da falta de rigor, descoñecemento da realidade e carencia de ideas que lles caracteriza, de xeito especial en Cervo
O deputado popular pide que o Ministerio de Medio Ambiente complete a obra de saneamento integral de San Ciprián, que deixou incompleta ao non executar o emisario submarino imprescindible para o vertido das augas depuradas sen afectar á zona de captación das piscifactorías de Cuiña
Santiago, 28 de abril de 2011.- O Grupo Socialista incorreu nunha “situación ridícula” ao reclamar en sede parlamentaria –no transcurso da Comisión de Obras públicas que tivo lugar na mañá de hoxe no Pazo do Hórreo- o inicio das obras de saneamento no núcleo lucense de Cervo que levan meses en plena execución e que foron adxudicadas preto dun ano antes da data de rexistro da iniciativa socialista.
Así o indicou o deputado popular Jose Manuel Balseiro que explicou que desde febreiro de 2011 a empresa adxudicataria está a desenvolver na capitalidade municipal e as súas inmediacións as obras de construción dos colectores de saneamento, a instalación de bombeo e a estación depuradora de augas residuais. De feito, esta obra foi licitada e adxudicada polo Partido Popular tras chegar á responsabilidade de goberno na Xunta con datas de publicación no DOG de 28/10/2009 (licitación) e 22/03/2010 (adxudicación) documentación que o deputado aportou a mesa da Comisión para dar conta da súa existencia certa e do seu contido. Tamén explicou que o proxecto orixinal foi modificado para eliminar a rede de colectores que transcorren polo leito fluvial do rio Xuco e do Rego en Figueirido.
A pesar da abundancia de datos o deputado socialista negou repetidamente todos estos extremos e incluso que as obras estean en marcha, algo que calquera veciño pode comprobar e, polo tanto, unha razón máis pola que o deputado socialista incorreu nunha situación ridícula ao negar o evidente.
O deputado popular pediu ao PSOE que, ante improcedencia da petición, que retirara a súa iniciativa ou aceptara a emenda rexistrada polo PP, instando á Xunta a continuación das obras que xa están en plena execución. Balseiro Orol salientou que con esta iniciativa o PSOE dá boa mostra da falta de rigor, descoñecemento da realidade e carencia de ideas que lles caracteriza, de xeito especial, en Cervo. Ao mesmo tempo lamentou que o deputado socialista, Ismael Rego, acuda ao Parlamento tan desinformado ou incluso enganado polos seus compañeiros do PSOE local, pero en todo caso, sen recabar a información necesaria sobre esta cuestión.
EMISARIO DE SAN CIPRIÁN
Por outra banda Jose Manuel Balseiro pediu que o Ministerio de Medio Ambiente complete a obra de saneamento integral noutra das localidades cervenses a de San Ciprián. O Goberno central deixou incompleta esta obra ao non executar o emisario submarino para o vertido das augas residuais unha vez deputadas na EDAR de Cuiña.
Balseiro lembrou que o goberno bipartito da Xunta foi especialmente lesivo para o desenvolvemento desta obra xa que no seu día dediciu anular a adxudicación deste saneamento –efectuada pola Xunta popular e publicada no DOG con data 5/9/2005 – Socialistas e nacionalistas decidiron tamén reducir o seu orzamento en 1,5 millóns de euros, incluso a pesar de ter que indemnizar á empresa adxudicataria con máis de 200.000 euros. Finalmente a Xunta bipartita acordou que esta obra a executara o Ministerio de Medio Ambiente quen, tras realizar a rede de novos colectores e a estación depuradora deixou incompleto o sanemento a falta de executar o emisario submarino, en consecuencia os populares urxen ao Ministerio a que remate a obra.
Os populares lembraron que a construción do emisario submarino é imprecincible para o vertido das augas depuradas de San Ciprián sen afectar á zona de captación das piscifactorías situada no polígono de Cuiña, garantindo a si a viabilidade futura do proxecto industrial e dos seus postos de traballo. Balseiro significou que o PP e concello cumpriron coa súa promesa e Augas de Galicia xa redactou o proxecto de construción do emisario agora corresponde á Confederación Hidrográfica asumir esta actuación para completar as obras.
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



