Nota de prensa
O Partido Popular fíxase como prioridade achegar a Deputación ós cidadáns e optimar a súa xestión
José Manuel Barreiro adiantou hoxe que, de acadar o goberno provincial, poñerá en marcha o Plan Optimiza, que conlevará a creación dun Centro integral de servizos nas comarcas da Fonsagrada, a Mariña e a Zona Sur
Dende estes centros coordinaríanse todas as actuacións que desenvolva ou nas que participe a Deputación, incrementado así a súa eficacia
Os centros ubicaríanse en dependencias cedidas polos concellos implicados para evitar un coste engadido para a administración provincial
Lugo, a 16 de maio de 2011.- O Partido Popular quere reorientar a actividade da Deputación en aras de achegala ós concellos e, en última instancia, ós cidadas desta provincia. Con este obxectivo, de acadar o goberno da institución provincial tras as eleccións locais do vindeiro 22 de maio, un dos obxectivos que se marca é aplicar esta idea a través da posta en marcha do denomindado Plan Optimiza.
O presidente do PPdeLugo José Manue Barreiro explicou hoxe os detalles deste programa que, segundo dixo, basease nos principios de eficiencia, cooperación e proximidade.
Os recursos dos que dispuxo PSOE e BNG na Deputación de Lugo durante estes catro anos non se traduciu nun incremento dos niveis de benestar e desenvolvemento económico dos nosos concellos. Por elo, os populares consideran necesario deseñar e desenvolver estratexias innovadoras que reorienten a administración provincial co fin de mellorar sustancialmente a súa organización e, deste xeito, dirixir a súa acción a satisfacer de maneira eficaz as actuais demandas e necesidades dos lucenses.
“A mellora real da xestión provincial implica a aportación de novas ideas que permitan multiplicar as capacidades institucionais, administrando de xeito eficiente as dotacións existentes para ofrecer os servizos necesarios e rendir contas claras ós cidadáns sobre a administración dos recursos públicos”, explicou Barreiro.
Á hora de deseñar a posta en marcha desta iniciativa, os populares fixaron como un dos obxectivos a cumprir asegurar a súa eficiencia. Dadas as circunstancias económicas, é preciso aumentar a calidade e a cantidade de bens e servizos ofertados pola Deputación. “Debemos ser capaces de facer máis con menos” dixo Barreiro e para elo “é necesario detectar e correxir duplicidades e ineficiencias de gasto e axilizar a tramitación administrativa da Deputación, reducindo os seus plazos e, ó tempo, achegar a administración ós cidadáns”.
MANCOMUNAR PARA AFORRAR E GAÑAR EN EFICIENCIA
Esa eficiencia na prestación de servizos pode acadarse, segundo explicou o presidente dos populares lucenses, concentrando o control da aplicación destes servizos en varios puntos da provincia e facilitando que a prestación dalgúns deles se leve a cabo de xeito mancomunando. “A participación e colaboración da Deputación pode ser determinante á hora de ofertar servicios mancomunados relacionados co ciclo da auga, a protección medioambiental ou mesmo á hora de estructurar a prestación dos servizos de benestar”.
Mancomunar servizos a través da Deputación permitirá, segundo engadiu Barreiro, melloras na productividade e rendabilidade dos recursos existentes, que se traducirán en beneficios tanxibles para os cidadáns porque permitirá reducir os gastos para os propios concellos.
Este plan tamén responde ó principio de transparencia porque a administración provincial actuará cun maior grao de coñecemento e implicación en cada zona. Trátase, en definitiva, de achegar o máis posible a administración provincial ós ciudadáns e darlle maior control político sobre esas actuacións ós deputados provinciais de cada zona. “Eles, como directos coñecedores da realidade da comarca á que representan, poden identificar rápidamente as prioridades e a demanda de servizos que ten cada concello”.
Para acadar estes obxectivos, a aplicación do Plan Optimiza conlevará a posta en marcha dun Centro integral de servizos, que se ubicaría, para que non supoña un incremento de gasto para a Deputación, en dependencias cedidas para elo polos propios concellos implicados. “Dende este Centro coordinaranse todas as actuación que leve a cabo a Deputación o que suporá, en si mesmo, un revulsivo para o propio concello ó converterse en punto de referencia para os veciños desa comarca á hora de realizar calquer trámite que teña que ver coa Deputación posto que xa non terán que desprazarse a Lugo para facelo”, salientou Barreiro.
A previsión dos populares é establecer tres centros integrais de servizos, na Zona Sur, na Mariña e na Fonsagrada, sendo esta última comarca onde se principiaría a aplicar co desenvolvemento dun plan piloto.



















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



