Nota de prensa
COMUNICADO DO GRUPO DE GOBERNO DO CONCELLO DE CERVO
Cervo, 6 de maio de 2011.- Diante das informacións aparecidas en diferentes medios de comunicación que reproducen un comunicado da Confederación Hidrográfica do Norte (CHN) nas que se alude directamente ao alcalde deste municipio, Alfonso Villares, en relación ás obras inacabadas do saneamento de San Ciprián o grupo de Goberno deste Concello quere expresar o seguinte:
As devanditas declaracións da Confederación Hidrográfica do Norte non deixan de sorprendernos, máxime se atendemos a que, segundo eles afirman, non tiñan a obriga de facer estas obras do saneamento de San Ciprián. Se isto é tal e como din, a nós asáltanos unha pregunta: ¿Quen lles mandou entón facer esta obra con dous millóns de euros menos do orixinariamente presupostado e que actualmente non se pode poñer en funcionamento?
O que si sabemos neste Concello -e así llo informamos a tódolos nosos veciños- é o seguinte:
No ano 2005 quedou adxudicado polo Goberno autonómico de Manuel Fraga un contrato por valor de 6,3 millóns de euros para facer o saneamento de San Ciprián. Contrato que socialistas e nacionalistas preferiron rescindir cando chegaron ó Goberno da Xunta antes que facer dito saneamento. Para conseguir iso tiveron que pagar unha indemnización de máis de 212.000 euros á empresa adxudicataria inicialmente.
Despois desta decisión, aínda sen explicar por parte dos que eran daquela responsables, o Goberno bipartito da Xunta decide redactar outro proxecto, pero en lugar de manter o seu orzamento orixinal (6,3 millóns de euros), elaboran un novo por valor de 4,3 millóns de euros. Ou sexa: 2 millóns de euros menos que o aprobado polo Goberno Fraga.
En vista destes feitos constatables, dende a nosa responsabilidade á fronte do Goberno local do Concello de Cervo non podemos máis que facernos as seguintes preguntas:
¿Quen lle mandou aos responsables da CHN facer esta obra, se tal e como eles din, non tiñan por que facela? ¿Foron tal vez os responsables socialistas e nacionalistas do Goberno bipartito da Xunta de Galicia?
Señores da Confederación Hidrográfica do Norte, ¿vostedes actúan do mesmo xeito en tódolos sitios? ¿Cando se fan cargo dunha obra coma esta, de 4,3 millóns de euros, miran tan sequera o proxecto? ¿Son vostedes coñecedores de que no seu contrato figura textualmente na cláusula 17 o seguinte: “En cumplimiento de lo regulado en el párrafo 2º, articulo 127 de la Ley General de las Administraciones Públicas se hace mención que el proyecto se referirá a obra completa, y por tanto, suceptible de ser entregada al uso general”? A pesares dista cláusula, a realidade é que vostedes fixeron unha obra de sanemento que non se pode poñer en funcionamento.
Isto lévanos ás seguintes conclusións:
Se non miraron o proxecto, son vostedes uns completos incompetentes
Se en realidade leeron o proxecto e o correspondente contrato construtivo, e sen embargo deron por ben feita a construción, son vostedes uns mentireiros e uns irresponsables.
O que si sabemos no Goberno de Cervo é que, ou responsables públicos da anterior Xunta bipartita, ou do Goberno do Estado, quitáronlle 2 millóns de euros a tódolos veciños de Cervo.
Por último, queremos dicirlles aos cidadáns do noso municipio, e en particular aos habitantes de San Ciprián, que estean tranquilos. Desde este Goberno local xa recuperaremos o que outros nos quitaron a tódolos cervenses



















Expón ata o sábado as novidades para este outono/inverno, co catalogo modificado de forma considerable, reducindo algúns modelos da súa produción, asi como a presentación duns 100 diseños novos, modificando tamen os acabados finaiss incluíndo cor en todas as pezas (en alta temperatura) azul, azul turquesa, verde, laranxa…
A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.



