NOTA DE PRENSA DO PARTIDO POPULAR
González Barcia: “o control do gasto municipal tén que traer consigo axudas para os colectivos”.
Barcia e Pilar Rojo reúnense con colectivos e asociacións de Burela.
O candidato popular, disposto a poñer en marcha un foro local do asociacionismo.
Burela, 16 de maio de 2011.- O Partido Popular mantivo hoxe unha reunión de traballo con unha trintena de representantes de asociacións e colectivos da localidade, reunión á que asistiron o candidato á alcaldía, José María González Barcia, e Pilar Rojo, membro do comité de dirección do PP de Galicia e presidenta do Parlamento Autonómico.
Na reunión, mantida no Mesón do Poeta, Barcia e Rojo recolleron as inquedanzas e suxerencias dos colectivos, moitas delas baseadas na falla de colaboración económica que reciben do concello. Rojo afirmou que o PP apoia ó asociacionismo, e que polo tanto, ainda en épocas de crise, as administracións deben facer máis con menos, ou alomenos o mesmo do que se viña facendo.
González Barcia asegurou que ainda hoxe considera mui grave que se retirasen as aportacións económicas ós colectivos de todo tipo a través das subvencións nominativas que se marcaban nos presupostos municipais. O bipartito pasará á historia por retirar as axudas directas para as asociacións.
Barcia tamén asegurou que o plan de contención do gasto municipal tén como obxectivo, entre outros, reducir en algún gastos para poder aportarles fondos ós colectivos, e “eso pódese facer, de feito xa o fixemos durante os primeiros anos despois da segregación, onde a situación era realmente mala. O que pasa é que o bipartito tirou de chequera alegremente, e chegamos a unha situación realmente preocupante”.
Ademais, o candidato popular mostrouse disposto, se as asociacións e colectivos así o demandan maioritariamente, a poñer en marcha un foro do asociacionismo burelés, onde se debata sobre a realidade dos colectivos, se plantexen os problemas e se aporten solucións, que en boa lóxica deberían ser tidas en consideración polo goberno local. “Outra fórmula de participación cidadá que o bipartito non quixo ou non lle interesou ver”, afirmou Barcia.